Terapia de bar



A nosa nova obra "Terapia de bar"  e unha comedia de creación colectiva  dirixida por Jose Prieto.

SINOPSE :

TERAPIA DE BAR é unha comedia de terror, vicios e manías.
O bar “Da costa” non está na costa.  É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis .
A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico,  deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son  os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada  polo diñeiro (Aínda que  o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.)
Cada cliente que teña a mala sorte de entrar no bar “Da costa” comprobará nas súas propias carnes as terribles terapias que lles aplicaran os “salvadores” para liberalos dos seus vicios: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose a base de facerlle inxerir ó paciente varias caixas de pastillas para durmir, ou exorcismos  con litros de licor café  que introducen no “vicioso” para sacarlle o demo do corpo.
Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que  con pequenos danos colaterais: tamén  pode eliminar ó paciente.
TERAPIA de bar non é “A matanza de Texas”, pero coidado, tampouco é “La casa de la Pradera”. Se se atreven, visiten o “Bar Da Costa”.

Comentarios