Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2011

Café

Imaxe
➧ Directora: Iolanda Muíños. ➧  Elenco: Silvia Casal, Juanín Ares Gondell, Paula Morado, Leandro Lamas, Keke Díez e Lorena Montero. ➧  Técnico: Iván González. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013. "Café é unha comedia que fala sobre as adiccións e a prohibición, e sobre as consecuencias que xeneran, que van desde a tolerancia ata a represión. En Café acompañaremos a unhas personaxes que ven alteradas as súas vidas debido a unha circunstancia excepcional, a ilegalización do café. Amanda verá como este feito aféctalle persoalmente, dun modo directo e como os efectos da prohibición van alterando a súa vida familiar e laboral."

ESTREA

Imaxe
"O aturuxo de Melpómene" estrea o próximo domingo, 18 de setembro, Café. Será ás 20.00 hs no Auditorio Municipal de Narón. Non faltedes!

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A CURTAMETRAXE!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurd