Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

1ª Crítica

A nosa primeira crítica de Cirpiano de Bequelar (Historia de amor e morte) feita por Carla Capeáns. http://www.letraenobras.com/2012/10/cipriano-de-bequelar-historia-de-amor-e-morte-de-carrachanacacha/

Cipriano de Bequelar

Imaxe
➧   Director:  por Leandro Lamas. ➧ Elenco : Quique Vázquez, Lorena Montero, Silvia Casal (Leandro Lamas) e Paula Morado. ➧ Técnicos: Leandro Lamas e Gena Hernández. ➧ Anos de duración: De 2012 ata 2015. "Un chega desde París, feito un poeta, contando con que o reciban con gaiteiriños, foguetes e copichuelas...e recíbeno desta maneira"

Hoxe

Hoxe de novo Café e Pimentos actuando o mesmo día. Café en Carral as 20.00h Pimentos en Moaña as 22.00h

Hoxe Café e Pimentos

Pechamos o ciclo de Teatro de Ames actuando con Café as 21:00h na Casa de Cultura do Milladoiro.  http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/venres-pechase-mostra-teatro-afeccionado-coa-representacion-da-obra-cafe/idEdicion-2012-10-25/idNoticia-773326/ E Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino en Mesía, na Casa de Cultura as 21.30h.

Renovación do Blog

Agora podes ver os nosos Trailers no lado esquerdo xunto cos nosos colectivos. E na dereita contacto, próximos bolos e as obras en cartel e pechadas cos seus respectivos carteis que enlazan coas páxinas. Visitanos tamén no Facebook https://www.facebook.com/oaturuxo.demelpomene?ref=ts&fref=ts

Aberto o prazo para a convocatoria de proxectos A do ano 2013!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para o próximo ano 2013. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na dirección de espectáculos teatrais, promovendo unha calidade e rigor na montaxe e dirección da obra. No proxecto debe estar incluído o seu cache. Dado que o proxe