Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

RRHH, o metodo.

Imaxe
➧ Director: Jose Prieto. ➧ Elenco: Felipe Carballido, Paula Morado, Keke Díez e Quique Vázquez. ➧ Técnica: Ana Loredo. ➧ Anos de duración: De 2010 ata 2012. "Ou funcionas ou non funcionas, a vida é así. Esta frase, que nun momento determinado di un dos protagonistas, podería ser moi ben o resume que se extrae logo de ver a función, na que tres homes e unha muller han superar unha serie de probas para poder acceder a un posto de traballo de unha gran empresa, sabendo que só un deles conseguirá entrar."

10-10-2010 ESTREA DE MELPÓMENE: RRHH. O MÉTODO.

Imaxe
O domingo día 10 de Outubro de 2010 estréase no Auditorio Municipal de Narón a nova obra da Asociación Teatral "O aturuxo de Melpómene": RRHH. O método. Será ás 19.00 hs. A entrada é de balde. Con esta obra ponse fin ao Ciclo de Teatro Afeccionado que a asociación promove, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón e con FEGATEA.

CONVOCATORIA DE PROXECTOS TEATRAIS PARA O 2011

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para o próximo ano 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na dirección de espectáculos teatrais, promovendo unha calidade e rigor na montaxe e dirección da obra. No proxecto debe estar incluído o seu cache. Dado que o proxec