Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Aberto o prazo de entrega do Proxecto A

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese a convocatoria de proxectos para o Proxecto A da asociación para o ano 2018. Poderanse presentar ata a seguinte asamblea que sera neste mes. Esperamos os vosos proxectos!

XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Imaxe
Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego). O Aturuxo estará con Misterios o mércores 1 as 19.00 no Teatro Principal. Misterios:  "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro.  Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos."

Actuación do coro na EOI

Imaxe
Boas a tod@s! Hoxe, as 20:00, estaremos na EOI Ferrol cunha actuación do noso coro "GRAN CORRAL POLIAFÓNICA DO ATURUXO DE MELPÓMENE". Tamén estará a compañía de teatro Muíño do Vento que representará a obra “O PENÚLTIMO TREN” de José Prieto. Todo isto no salón de actos da EOI. Os esperamos! 

II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Imaxe
Boas a todos! Os deixamos o cartaz da II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo onde estaremos con Terapia de Bar o día 6, este venres, as 21:00. O prezo da entrada son 2 euros e sera no auditorio de rianxo. 

Cambios na web

Imaxe
Actualizámonos! Si, como podeis ver na web, fixemos un lavado de fronte para que todo este máis bonito e ordenado. Non dudeis en botar un ollo a todo e comentar que vos parece todo. Por outra banda, agora temos instagram e canle de youtube. O primeiro o usaremos para subir curiosidades e o segundo, obviamente, para subir e organizar os vídeos dás obras e proxectos que fixemos. Aqui seguiremos subindo toda a información importante mentres que en facebook usarémolo para información cotiá e resolver algunha que outra dúbida. Vivimos nunha sociedade na que nas redes son moi importantes e nos non podiamos ser menos. Nada máis, polo menos demomento. Iso si, ou 6 de Outubro temos bolo de Terapia do Bar en Rianxo así que non dudedes ir e informarvos dos próximos bolos na páxina correspondente para ver máis. O Aturuxo de Melpómene.

Circuíto Galego de Teatro Amador en Narón

Imaxe
Vamos celebrar un circuíto de teatro no Auditorio municipal de Narón no mes de setembro .  As actuación serán sempre de balde e as 20:00 horas .  A  programación do ciclo é a seguinte: Domingo, 10 de setembro: Andaravía Teatro coa obra "Maniféstate" (Todos os públicos)  Domingo, 17 de setembro: Axóuxere Teatro coa obra "A túa ternura, Melotov" (Público adulto) Domingo, 24 de setembro: Teatrino coa obra "Os carniceiros" (Público adulto) Domingo, 1 de outubro: Paso de Valverde coa obra "Ás portas" (Maiores de 12 anos)

O Coro no Recuncho

Imaxe
Mañá día 29, a iso das 20.00 hrs, a Corral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene estaremos no Bar O Recuncho, Neda. Esperamos visitas!!!

En Cabreiros

Este Sábado 10 de Xuño imos a Cabreiros coa nosa obra "Misterios". Sábado con Melpómene!!!

O Coro en Cuerda Floja

Imaxe
Mañá estaremos co noso coro de O Aturuxo de Melpómene en Cuerda Floja na Rúa Espartero 1 de Ferrol...

En Pontedeume e San Sadurniño

Esta fin de semana estaremos mañá sábado 13 en Pontedeume cos nosos "Misterios" e o domingo 14 en San Sadurniño coa nosa "Terapia de bar". Finde con O Aturuxo de Melpómene.

Actualización Bolos

Ata o momento isto e o que temos: Terapia de bar : 14 de Maio en San Sadurniño 20 de Agosto en Cee 30 de Setembro en Rianxo 1 de Outubro en O Grove 7 de Outubro en Barbadás (Ourense) 21 de Outubro en Rois 4 de Novembro en Neda 5 de Novembro en Valdoviño 11 de Novembro en Aguiño 12 de Novembro en A Pobra do Caramiñal 18 de Novembro en O Val do Dubra 25 de Novembro en Padrón 2 de Decembro en Carral Misterios : 13  de Maio en  Pontedeume  10 de Xuño en Cabreiros 17 de Setembro en Comesaña (Vigo) 23 de Setembro en Cambre 1 de Outubro en Neda

En Negreira

Mañá sábado 29 estaremos en Negreira as 21.00 hrs coa nosa "Terapia de bar" do Aturuxo de Melpómene. E o domingo recordamos que remata o ciclo de Teatro amador de San Xiao coa obra "Dereita Esquerda" de O Lar Da Farsa. Vinde o teatro!!

Apertura Proxecto B

Queda aberto o prazo de presentación de Proxectos B do Aturuxo de Melpómene dende o venres 21 ata a próxima asamblea. Podense consultar as bases na pestana específica Proxecto B do blog. Animadevos e creade!!!

En San Xiao

Este Domingo 23 imos de novo a San Xiao esta vez coa obra infantil Misterios as 19.00 hrs. E para a semana o próximo Domingo remata o ciclo de teatro amador con O Lar da Farsa. Vinde o teatro!!!

En San Xiao

Mañá Domingo 16 os do Aturuxo de Melpómene imos a San Xiao, Narón coa obra Terapia de Bar. Esperamos visitas!!

Actualización Bolos

Actualizamos a lista de bolos que temos ata o momento para o 2017 : Terapia de bar : 16 de Abril en San Xiao ( Narón )  29 de Abril en Negreira 14 de Maio en San Sadurniño 28 de Maio en Cambre 20 de Agosto en Cee 21 de Outubro en Rois 4 de Novembro en Neda 11 de Novembro en Aguiño 12 de Novembro en A Pobra do Caramiñal 18 de Novembro en O Val do Dubra 25 de Novembro en Padrón 2 de Decembro en Carral Misterios : 23 de Abril en San Xiao ( Narón )  10 de Xuño en Cabreiros 23 de Setembro en Cambre 1 de Outubro en Neda

En Vedra

Imaxe
Pois este domingo 2 de Abril O Aturuxo de Melpómene imonos a "Teatrofilia a XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra" e estaremos coa nosa obra infantil "Misterios" as 19,15 hrs. Asi que xa sabedes vinde vernos e respostaremos moitos misterios.

Entroido 2017

Imaxe
Pois neste entroido O Aturuxo de Melpómene nos fumos de comparsa coa nosa "Rebelión na granxa" e por riba de disfrutar ata os topes pois tamén nos deron o 3º premio no Festival de Narón e tamén no de Ferrol. E tamén falar de como nos prestou animar o mercado de San Sadurniño. Que viva o entroido!!! http://sansadurnino.gal/a-auga-perdoalle-a-vida-ao-mercado/

Novos Bolos

Pois o próximo 2 de Abril estaremos con Misterios en Vedra e o 10 de Xuño en Cabreiros. Iremos informando de novas datas.

En Caranza

Maña Domingo estaremos con Terapia de bar en Caranza as 19,00h. Esperamos que nos acompañedes.