Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2011

CONVOCATORIA DE PROXECTOS TEATRAIS PARA O 2012

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para o próximo ano 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na dirección de espectáculos teatrais, promovendo unha calidade e rigor na montaxe e dirección da obra. No proxecto debe estar incluído o seu cache. Dado que o proxec