Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2009

Non todos os ladróns veñen por mal

Imaxe
➧ Director: Jose Prieto. ➧ Elenco: Alberto Suárez, Leandro Lamas, María Veiga, Gena Hernández, Antonio Estévez, Lorena Montero e Celia González (Sena Hermida) ➧ Técnicos: Silvia Romaus, Ana Loredo e Iván González. ➧ Anos de duración: De 2009 ata 2011. "Comedia histérica de enredo amoroso preconstitucional, na que un ladrón entra a roubar nunha casa mentres os habitantes están fora. A situación complícase coas chamadas por teléfono da muller do ladrón e as chegadas sucesivas dos donos da casa e os seus respectivos amantes."

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACION DE PROXECTOS PARA O 2010!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Na ultima asemblea anunciouse a apertura do prazo de presentacion de proxectos teatrais para o proximo ano 2010. A continuacion detallamos os diversos pontos que debe incluir o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacions que isto conleva (disposicion para o periodo de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacions no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusion no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCION. O proxecto debe incluir o nome da persoa proposta para a direccion. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na direccion de espectaculos teatrais, entendendo por "profesional" que defendera unha calidade e un rigor na montaxe e d

ESTREA DA OBRA DE MELPÓMENE

Imaxe
Este venres, 25 de setembro, no auditorio municipal de Narón, estrea do novo espectáculo de "O aturuxo de melpómene". Unha obra de darío Fó, dirixida por José Luis Prieto: "Non todos os ladróns veñen por mal"

CICLO TEATRAL DOMINGOS DE MELPÓMENE

Este venres dará comezo en Narón o Ciclo Teatral Domingos de Melpómene. O ciclo ábrese coa estrea da obra teatral da asociación: "Non tódolos ladróns veñen por mal". Dirixida por José Luis Prieto. A partir de entón tódolos domingos do mes de outubro teremos unha nova cita no auditorio de Narón, na que participarán os seguintes grupos: - O Centro Dramático Vilalbés, domingo 04 de outubro ás 19.00 hs coa obra "6 x 4 dúas dúceas". - Nova escena teatro, domingo 11 de outubro ás 19.00 hs coa obra "O lirio". - Ten. Escola de Teatro de Narón, domingo 18 de outubro coa obra "Onde andas Karl?". - Escola Municipal de Teatro de Cee, domingo 25 de outubro coa obra "Criaturas".

Carrachanacacha

Esta noite, mércores 26 de agosto, ás 21.30 carrachanacacha actúa en Cee, coa obra "Comendo pimentos de padróm com tarantino". E a fin de semana poderedes velos na TVG, no programa "A revista de fin de semana", horario de 12.00 a 14.00 hs, sábado e domingo.

Próxima asemblea:

Último domingo de agosto!

outros momentos...

Imaxe

cámara

Imaxe

Improvisación

Imaxe

Comendo pimentos de padrom com tarantino

Imaxe
Hoxe, 25 de xullo, en compostela... Carrachanacacha con: Comendo pimentos de padrom com tarantino Será no Festigal, ás 19.00 hs Na pista de futbol... preguntade e apontádevos!

Comendo pimentos de padrom com tarantino

Imaxe
➧ Director: Leandro Lamas. ➧ Elenco: María Veiga, Gena Hernández e Antonio Estévez. ➧  Técnica: Silvia Romaus. ➧ Anos de duración: De 2009 ata 2014. "Comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ate a fama en todo o mundo mundial"   

FESTIVAL DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Imaxe

PROGRAMA DO FESTIVAL ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Imaxe

Aberto o prazo de inscrición nas actividades de deFORMArte

Desde onte día 06 de xullo de 2009 e ate o próximo día 12 de xullo está aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: * Interpretación ante a cámara. Dirixido por Yolanda Muíños. * Improvisación. Dirixido por Carles Montoliu. A cuota de inscrición é de 100 € para socios/as e de 130 € para non socios/as. Lembrade que o límite de prazas é 15. A reserva de prazas é efectiva no momento do pagamento e previa consulta telefónica ou por e-mail ao: 675-263-642 gzlorena@yahoo.es En ambos cursos é preciso remitir a ficha de inscrición ao correo indicado. No curso de interpretación é preciso ademáis, remitir unha foto de cara e un breve currículum no que se especifique a formación en interpretación da persoa inscrita.

Aberto o prazo de inscrición para soci@s

Hoxe ábrese o prazo de inscrición nos cursos para as persoas asociadas. Custo da matrícula: 100 € socios/as 130 € non socios/as Condicións: Poderán beneficiarse do desconto as persoas asociadas antes de 30 de xuño de 2009. É preciso ter as cuotas ao día. Os socios terán un prazo de matriculación preferente que vai do día 01 ao día 05 de xullo. A partir do día 06 e ate o 12 de xullo ábrese o prazo ás persoas non asociadas. A matrícula e reserva de praza farase efectiva no momento do pago do curso, que se poderá facer na sucursal de caixa galicia ou ben en efectivo contactando con: Lorena ou Paula. Hai 15 prazas por curso e respetarase a orde de inscrición. Animádevos.

Deformarte

Imaxe
Improvisación Teatral Esta actividade desenrolarase nas tardes, en horario de 16.00 a 20.00 hs. Cuota socios e socias 100 € Cuota non socios/as 130 € Animádevos, é unha actividade moi práctica. A actividade está dirixida por Carles Montoliu, actor de Imprebís. Podedes ver exemplos da súa actividade en Youtube e ampliar a información en internet.