Publicacións

Mostrando publicacións desta data: July, 2012

Nova convocatoria de proxectos teatrais para grupos da asociación

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Tal e como foi aprobado na asemblea do 06 de xullo de 2012, queda aberto o prazo de presentación de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a segunda convocatoria, e polo tanto a correspondente ao segundo semestre do 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámb…