Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2009

Deformarte

Imaxe
Improvisación Teatral Esta actividade desenrolarase nas tardes, en horario de 16.00 a 20.00 hs. Cuota socios e socias 100 € Cuota non socios/as 130 € Animádevos, é unha actividade moi práctica. A actividade está dirixida por Carles Montoliu, actor de Imprebís. Podedes ver exemplos da súa actividade en Youtube e ampliar a información en internet.

ESTREA EN NARÓN

Imaxe
Non esquezades que HOXE, día 25 en Narón, no Pazo da Cultura, ÁS 20.30 HS; estréase a obra: Onde andas, Karl? escrita por Rubén Ruibal dirixida por Jose Prieto ...e cun elenco maravilloso! NON FALTEDES AO EVENTO, os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro de Narón e socios e socias de O aturuxo de Melpómene estarán alí, de feito non poderán saír correndo! MOITA MERDA.

DEFORMARTE

Imaxe
INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA Actividade dirixida por Yolanda Muíños. Cámara: Xose Cruz. O nº de prazas por curso é como máximo 15 e o mínimo 10. O custo será de 100 € para persoas asociadas e 130 € para os non asociados. As datas de realización serán o 15, 16, 17, 18 e 19 de xullo en horario de mañá, de 09.30 a 13.30 hs. As persoas interesadas en inscribirse neste curso deberán adxuntar no momento da matrícula os seguintes documentos: - Fotografía (tipo retrato). Evitar foto carnet. - Breve reseña do currículum Para inscribirse no curso é preciso ter formación en Interpretación.