Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Estrea Desencaixados

Imaxe
  Desencaixados ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade… Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual. Elenco – Juanin Ares Gondell , Iván González , María Veiga , Agustín Bolaños , Óscar Manso , Tere Rúa Dirección – Pablo Sánchez ( Pablísimo ) Axudante Dirección - Chús Prieto Deseño Gráfico e de Iluminación – Quique Vázquez Técnicos de Iluminación e Son – Jose Manuel Felpeto e Ana Loredo Boneco e seu Atrezo – Viravai Arranxos de Vestiario – Gena Hernández e Yoli Lozano Arranxos de Son – Iván González Producción – María Veiga ,

Desencaixados Diario de Ferrol

Artigo de onte no Diario de Ferrol. Recordarvos que este venres as 20.00h comezamos as funcións de Teatro con Melpómene co grupo de   Gargallada Teatro . http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/aturuxo-melpomene-reflexiona-crise-desencaixados/20140921225203101519.html

Teatro con Melpómene

Imaxe
O 12 de Outubro as 20.00h estrearemos a que será a nosa nova montaxe titulada "Desencaixados (Esperpéntica Crise)". No Auditorio de Narón no cal serán todas as representacións do noso Teatro con Melpómene. O día 26 tamén será especial porque farase por última vez a nosa obra "Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino". Ven o Teatro. Comparte!!

En Caranza

Mañá día 21 de Setembro estaremos con "Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte )" en Caranza as 19.00hrs.

Tere Rúa

Imaxe
Tere Rúa será a última das integrantes da nosa nova montaxe, na asociación dende 2012. Actriz na asociación con Pena Molexa. Participación na comparsa dos Miserables. O domingo diremos o título da obra.

Juanín Ares

Imaxe
Juanín Ares será o quinto dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2011. Actor na asociación con Café, A Ouigha e Pena Molexa t odo en Teatro. Director das nosas duas Curtametraxes A Rampla (2011) e De Baixa (2014). Participación na comparsa dos Miserables. So queda unha integrante por presentar e diremos como se chama a nosa nova montaxe.

Apertura Proxecto B

Na última asamblea aprobouse a apertura do Proxecto B que comeza o día 14 de Setembro e remata na próxima asamblea o día 17 de Outubro. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto B con toda a información a redactar.

Agustín Bolaños

Imaxe
Agustín Bolaños será o cuarto dos integrantes da nosa nova montaxe, un dos últimos en apuntarse a nosa asociación , membro dende 2014. Iniciase así a súa andaina no Aturuxo de Melpómene.   Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco. Do que só quedan por presentar 2 persoas. O título da obra diremolo cando xa teñamos presentado o elenco.

Na Graña

Mañá 12 de Setembro estaremos con Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte ) en A Graña.

Oscar Manso

Imaxe
Oscar Manso será o terceiro dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2012. Actor na asociación con A Ratoeira, Pena Molexa e A Ouigha todo isto en Teatro. Axudante na nosa Curtametraxe de De Baixa. Participación na comparsa dos Miserables. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.

Güija a Castelao

Representación de O Aturuxo de Melpómene no Certame AD-HOC de Santiago de Compostela, dirixido por Leandro Lamas.

Iván González

Imaxe
Iván González será outro dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2010. Actor na asociación con Preguntas sobre o meu pai e Pena Molexa, todo isto en Teatro. Técnico de iluminación e son en Café e Gheidi. Axudante nas nosas Curtametraxes de A Rampla e De Baixa. Animacións nas Letras Galegas e no día dos Museos. Participación na comparsa dos Miserables. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.