Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

Suspendese bolo

Suspendese o bolo de hoxe de "Misterios" en Ames, Milladoiro por motivos persoais...

En Ames, Milladoiro

Imaxe
Mañá Sábado 29 continuamos a actividade e estaremos en Ames, Milladoiro coa nosa obra "Misterios". Acompañadenos e aproveitade para atopar respostas a tantas e tantas preguntas.

Actualizamos bolos

Esta é a lista de actuacións que temos ata o momento: Terapia de bar : 27 de novembro en O Couto (Narón) Misterios : 29 de outubro   en Ames-Milladoiro 4 de novembro en Cedeira 6 de novembro en O Couto (Narón) 27 de novembro en A Pobra do Caramiñal  

En Santa Icía (Ferrol)

Imaxe
Logo das estreas continuamos e este Sábado 22 O Aturuxo de Melpómene estaremos en Santa Icía (Ferrol) con "Terapia de bar" . Acompañanos coa nosa terapia.

Terapia de Bar

Imaxe
➧  Director:  Jose Prieto ➧  Elenco:  Juanín Ares Gondell, Jose Manuel Felpeto, Chani Hernández, Maite Dacosta, Chus Olivares (María Veiga) e Ruth Fernández ➧ Anos de duración:  2016 ata 2018 "É unha comedia de terror, vicios e manías." O bar “Da costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (Aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.) Cada cliente que teña a mala sorte de entrar no bar “Da costa” comprobará

Estrea Terapia de bar

Chegou o día e nunhas horiñas estrearemos "Terapia de bar" unha creación colectiva dirixida por Jose Prieto.  Un elenco formado por Juanin Ares Gondell, Jose Manuel Felpeto, Maite Dacosta,  Chani Hernández, Ruth Fernández e Chus Olivares.  Grazas a todo@s os que participaron e axudaron e vemonos as 20,00 no auditorio de Narón.

Cartaz "Terapia de bar"

Imaxe
Xa temos cartaz de "Terapia de bar" e a estrea será o Domingo día 16 de Outubro no Auditorio de Narón as 20.00h. Dirixida Jose Prieto Creación Colectiva Protagonizada Juanín Ares, Maite Dacosta, Jose Manuel Felpeto, Ruth Fernández, Juani García e Chus Olivares. TERAPIA DE BAR é unha comedia de terror, vicios e manías. O bar “Da costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis . A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (Aínda que o único síntoma sexa non deixar a propin

Misterios

Imaxe
➧  Dirixida e escrita por Paula Carballeira ➧ Elenco:  María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero ➧  Anos de duración: 2016 ata 2018 "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos"

Estrea Misterios

Imaxe
Mañá é o día ,estrearemos "Misterios" unha nova obra e infantil, escrita e dirixida por Paula Carballeira a cal estreamos con moita ilusión. Grazas a todos os que fixeron posible esta obra e esperamos a todos mañá no Auditorio de Narón as 20.00h. E recordade que para a semana volvemos ter outra estrea. De estrea en estrea con Melpómene!!

Foto Misterios

Imaxe
Recordar que este Domingo as 20.00h no Auditorio de Narón estreamos "Misterios" escrita e dirixida por Paula Carballeira. O elenco de esquerda a dereita : Leandro Lamas, Lorena Montero, Silvia Casal e María López. Agardamos por vos para a estrea da nosa obra infantil.