Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

Proxecto B e Curtametraxe

Boas socios! Os pasamos os datos do prazo do proxecto B e a curtametraxe (Tedes máis información nas páxinas do blog respectivas). Calquera cousa podedes mandar un email e solucionaremos as vosas dudas. DATAS PASO PRAZO 06/04/18 Apertura da convocatoria (na asemblea) 4 semanas 11/05/18 (unha semana máis) Ábrese prazo para revisión de proxectos 3 días 14/05/18 Comunicación ás socias da súa admisión ou non. 14/05/18 Ábrese 2º prazo de admisión para corrección de erros no proxecto presentado. 4 días 18/05/18 Presentación de proxectos para a consulta das socias (en papel, no local) (envío ao mail) Prazo de consulta: 1 semana 25/05/18 Votación e elección do proxecto

Estrea Algo pasa con Paco

Imaxe
Boas a todos! O Venres 13 de Abril as 20:30 será a estrea de "Algo Pasa con Paco" no Auditorio de Narón. Esta nova obra do Aturuxo, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño fala sobre as aventuras de Paco. "Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores." Agardámosvos!