Estrea Algo pasa con Paco

Boas a todos! O Venres 13 de Abril as 20:30 será a estrea de "Algo Pasa con Paco" no Auditorio de Narón. Esta nova obra do Aturuxo, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño fala sobre as aventuras de Paco.

"Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio.

Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores."

Agardámosvos!

Comentarios