Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

X mostra de teatro amador no Couto e Proxecto A

Imaxe
Empeza a X mostra de teatro amador na parroquia do Couto. As actuacións serán ás 18:30 no local social do couto. Este domingo temos a actuación de "...Suspendemos?" de Teatro do Asteleiro. Agardámosvos! Por outra parte, abrese o prazo do proxecto A para os socios. Quen quera participar ten este mes para facer o proxecto e presentalo na seguinte asamblea.

Circuito de teatro amador 2018 e Proxecto B

Imaxe
Boas a todos! Este domingo remata o circuito galego de teatro amador organizado polo Aturuxo de Melpómene coa obra "Puto amor romántico" de Tangututanga ás 20:00 no auditorio municipal de Narón na Praza de Galicia. É unha obra dirixida por Beatriz Bravo e para maiores de 18 anos. "Contáronnos que Romeo e Xulieta morrían por amor. E iso era romántico... Que Ariel renunciaba a ser serea por poder estar cun príncipe humano. E que iso tamén era romántico... Quen dixo que somos só unha metade da laranxa e que precisamos outra metade? Que o amor pode con todo? Que o amor é monógamo e heterosexual? Que os ciumes son signo de amor? Que o amor é romántico ou non é amor? Puto amor romántico..." Agardámosvos! A entrada é de balde e daremos rifas para o sorteo de dúas entradas para un espectáculo do Pazo. O sorteo tera lugar ese mesmo domingo. Por outra parte, e isto é para os nosos socios, abrese o prazo do proxecto B (Tedes máis información na páxina do blog respect

Proxecto B e Curtametraxe

Boas socios! Os pasamos os datos do prazo do proxecto B e a curtametraxe (Tedes máis información nas páxinas do blog respectivas). Calquera cousa podedes mandar un email e solucionaremos as vosas dudas. DATAS PASO PRAZO 06/04/18 Apertura da convocatoria (na asemblea) 4 semanas 11/05/18 (unha semana máis) Ábrese prazo para revisión de proxectos 3 días 14/05/18 Comunicación ás socias da súa admisión ou non. 14/05/18 Ábrese 2º prazo de admisión para corrección de erros no proxecto presentado. 4 días 18/05/18 Presentación de proxectos para a consulta das socias (en papel, no local) (envío ao mail) Prazo de consulta: 1 semana 25/05/18 Votación e elección do proxecto

Estrea Algo pasa con Paco

Imaxe
Boas a todos! O Venres 13 de Abril as 20:30 será a estrea de "Algo Pasa con Paco" no Auditorio de Narón. Esta nova obra do Aturuxo, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño fala sobre as aventuras de Paco. "Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores." Agardámosvos!

A corral poliafónica do Aturuxo de Melpómene

Imaxe
Os deixamos co cartel do coro do Aturuxo: A corral poliafónica. Non vos perdades as actuaciones deste ano!