Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

Cartaz "Misterios"

Imaxe
Xa temos cartaz da nosa obra infantil "Misterios" feito por Leandro Lamas. Recordar a estrea será o día 9 de Outubro no Auditorio de Narón as 20.00h. Dirixida e escrita por Paula Carballeira Protagonizada por Maria Lopez, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero Novo. "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos"

Terapia de bar

Imaxe
A nosa nova montaxe de creación colectiva "Terapia de bar"  dirixida por Jose Prieto, terá como protagonistas a Juanín Ares, Maite Dacosta, Jose Manuel Felpeto, Ruth Fernández, Juani García e Chus Olivares. Estrearemos o Domingo día 16 de Outubro...

Misterios

Imaxe
A nosa nova montaxe infantil "Misterios" escrita e dirixida por Paula Carballeira, terá como protagonistas a Silvia Casal, Leandro Lamas, María López e Lorena Montero. Recordarvos que a estrea será o Domingo día 9 de Outubro. Xa non queda nada...

Circuito Teatro Amador Narón

Imaxe
Esta fin de semana comeza o Ciclo de teatro amador de Narón e a programación do ciclo é a seguinte: Domingo, 18 de setembro: Nova Escena Teatro coa obra "A Apócema" Domingo, 2 de outubro: Tiruleque Teatro coa obra "Media de callos" Domingo, 9 de outubro: O aturuxo de Melpómene coa obra "Misterios" ESTREA Mércores, 12 de outubro.Porta aberta Teatro coa obra "A casa do senador" Domingo, 16 de outubro O aturuxo de Melpómene coa obra "Terapia de bar" ESTREA Todas as representacións serán ás 20 horas no Auditorio Municipal de Narón, na Praza de Galicia. A entrada é de balde e entregaráse aos asistentes un agasallo conmemorativo do ciclo e unha rifa para o sorteo de dúas entradas para un espectáculo no Pazo da Cultura na temporada 2016-2017. O sorteo será o último día do ciclo. Vir o teatro e compartan!!!

Terapia de bar

A nosa nova obra "Terapia de bar"  e unha comedia de creación colectiva  dirixida por Jose Prieto. SINOPSE : TERAPIA DE BAR é unha comedia de terror, vicios e manías. O bar “Da costa” non está na costa.   É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara ve z para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis . A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico,   deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son   os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada   polo diñeiro (Aínda que   o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.) Cada cliente que teña a mala sorte de entrar no bar “Da costa” comprobará nas súas propias carnes as terribles terapias qu

Misterios

A nosa nova obra "Misterios"  escrita e dirixida por Paula Carballeira e unha obra infantil para publico apartir dos 6 anos.  SINOPSE : É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos.

Avance funcións

Imaxe
Xa imos tendo as primeiras fechas para as funcions de "Terapia de bar" e "Misterios", son as seguintes : Terapia de bar  - 16 de outubro ESTREA no Auditorio de Narón (Narón) - 29 de outubro en Sta. Icía (Ferrol) Misterios - 9 de outubro ESTREA no Auditorio de Narón (Narón) - 29 de outubro   en Ames-Milladoiro - 27 de novembro en A Pobra do Caramiñal   Tamén queremos avanzar o cartel do ciclo que organiza Max Teatro e no que estaremos con Terapia de bar.

Estreas Aturuxo

O próximo mes de Outubro estrearemos as nosas novas obras. En primeiro lugar estrearemos o día 9 de Outubro a infantil dirixida por Paula Carballeira titulada "Misterios". En segundo lugar irá a estrea do día 16 de Outubro da comedia de creación colectiva dirixida por Jose Prieto titulada "Terapia de bar".

Jose Prieto e Paula Carballeira

Imaxe
As nosas novas montaxes están sendo dirixidas: En primeiro lugar a comedia de creación colectiva por Jose Prieto e a infantil por Paula Carballeira. Seguimos informando!!

Premio FEGATEA á Animación Teatral

A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral , na súa cuarta edición, a Manuel Lorenzo , pola súa dilatada e significada traxectoria no eido da cultura teatral galega. A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade. Neste sentido á FEGATEA considerou que o intenso e prolífico traballo de Manuel Lorenzo como director teatral, dramaturgo, actor e tradutor, así como o seu labor impulsor e dinamizador de incontables iniciativas, tanto no teatro profesional como amador, falan dun compromiso co teatro galego difícil de igualar e fano sobradamente merecedor deste galardón. A entrega do Premio terá lugar nunha cea homenaxe o día 10 de setembro na cidade de Lugo.

Estreas Espectáculos

Anunciar que este mes de Setembro e Outubro traemos novidades. Por un lado comezará o noso Ciclo de teatro amador e aparte en Outubro estrearemos dous novos espectáculos. Un infantil apartir de 6 anos e tamén unha comedia de creación colectiva para todos os publicos....nos próximos días seguiremos informando.