Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

Gheidi

Mañá estaremos con Gheidi (Só para adultos) en Cariño as 20.30h Gheidi. Só para adult@s. from Xose Cruz on Vimeo .

Felices Festas

Imaxe
  O Aturuxo de Melpómene desexavos felices festas, saúde e moito TEATRO!!

A Ratoeira

Estamos seleccionados para o IV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos coa obra A Ratoeira. 2 de Febreiro de 2013.

RRHH (O Método)

Pechamos a obra logo de 2 anos (2010-2012), e funcións por Galicia e en Móstoles. Grazas a tod@s os que colaboraron neste proxecto e fixerono posible. RRHH (o método) from enimaxes.com on Vimeo . Vémonos nos Teatros!!

Trailer Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)

Trailer Cipriano de Bequelar from Brais Romero on Vimeo .

A semana de Teatro con Melpómene

Hoxe comeza "A Semana de Melpómene" no Auditorio Municipal de Narón.  5-12-12 Café (O Aturuxo de Melpómene) 20.00h  6-12-12 Homes en escabeche (Hipocrita Teatro) 19.00h  8-12-12 A procura de Alaia (Trécola Teatro) 19.00h  9-12-12 As feas tamén casan (A Pombiña) 19.00h  12-12-12 Cousas que non saen no xornal (TEN) 20.30h  Ven ver TEATRO!!

Café no Agustín Magán

O día 9 de Decembro as 20.30h no Teatro Principal de Santiago de Compostela con "Café" http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/11/29/seis-obras-teatro-protagonizan-festival-agustin-magan-santiago/00031354212266405902902.htm

Bolos

Os últimos bolos do ano 2012: Café:  O 5 de Decembro no Auditorio de Narón.  O 9 de Decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. RR.HH. O método:  O 15 de Decembro en Rois.( Última función) Comendo pimentos de padróm com Tarantino:  O 15 de Decembro en Malpica. Gheidi. Só para adultos:  O 28 de Decembro en Cariño.

Trailer "A Ratoeira"

Xa temos disponible o trailer da nosa nova montaxe, "A Ratoeira" a cal teremos en cartel ata finais de 2014.

Agustín Magán 2012

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola FEGATEA, terá lugar en Santiago de Compostela os días 6, 7, 8, 9, 10 e 11 de decembro no Teatro Principal.  FUNCIÓNS - TEATRO PRINCIPAL de COMPOSTELA  - 6 decembro: Nnc Teatro con "Pim pam clown"  - 7 decembro: Trécola Teatro con "A verdadeira historia do corazón reloxio"  - 8 decembro: Gargallada Teatro con "Quimera"  - 9 decembro: O Aturuxo de Melpómene con "Café"  - 10 decembro: Carfax con "Troianas"  - 11 decembro: Paso De Valverde Teatro con "Sanatos" Estamos no Agustín Magán por 5 ano consecutivo. 2008: Cometa, cometa... 2009: Comendo pimentos de Padróm con Tarantino 2010: Non todos os ladróns veñen por mal 2011: RRHH (O Método) 2012: Café

A Ratoeira

Imaxe
Mañá as 18.00h en San Xiao (Narón) comeza a Mostra de Teatro Amador coa representación da Ratoeira.

Hoxe en Neda

Imaxe
Hoxe na Casa de Cultura de Neda, no ciclo tempos para o teatro, "Comendo pimentos de Padróm com Tarantino" As 20.30h    

Mostra San Xiao

O programa para a Mostra de Teatro de San Xiao e o seguinte: 11-11-12.  O Aturuxo de Melpómene coa obra "A Ratoeira" 18-11-12.  Fogar de maiores "Terra de Trasancos" coa obra "A consulta do doutor" 25-11-12.  TEN ( Teatro Escola de Narón ) 2-12-12.  "Amigos do teatro" ( S.C. Areosa de Piñeiros ) coa obra "Sempronio" Tódalas representacións darán comezo as 18.00h

Dúas máis

Este fin de semana estaremos o venres día 9 en Neda no ciclo tempos para o teatro, con "Comendo pimentos de Padróm com Tarantino" E o domingo día 11 estaremos na parroquia de Narón, San Xiao, no comezo da mostra de teatro amador con "A Ratoeira". Na que será a súa segunda función logo da estrea no auditorio de Narón.

A Ratoeira

Imaxe
➧   Directora: Mónica Camaño. ➧   Elenco: Chus Olivares (Maite Dacosta), Juan González, Óscar Manso, Gena Hernández, José Manuel Felpeto, Yoli Lozano, María Veiga e Óscar Rodríguez. ➧   Técnica: Ana Loredo. ➧ Anos de duración: Dende 2012 ata 2014. "A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e pacífico, pon as cousas difíciles... ou moi doadas"

1ª Crítica

A nosa primeira crítica de Cirpiano de Bequelar (Historia de amor e morte) feita por Carla Capeáns. http://www.letraenobras.com/2012/10/cipriano-de-bequelar-historia-de-amor-e-morte-de-carrachanacacha/

Cipriano de Bequelar

Imaxe
➧   Director:  por Leandro Lamas. ➧ Elenco : Quique Vázquez, Lorena Montero, Silvia Casal (Leandro Lamas) e Paula Morado. ➧ Técnicos: Leandro Lamas e Gena Hernández. ➧ Anos de duración: De 2012 ata 2015. "Un chega desde París, feito un poeta, contando con que o reciban con gaiteiriños, foguetes e copichuelas...e recíbeno desta maneira"

Hoxe

Hoxe de novo Café e Pimentos actuando o mesmo día. Café en Carral as 20.00h Pimentos en Moaña as 22.00h

Hoxe Café e Pimentos

Pechamos o ciclo de Teatro de Ames actuando con Café as 21:00h na Casa de Cultura do Milladoiro.  http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/venres-pechase-mostra-teatro-afeccionado-coa-representacion-da-obra-cafe/idEdicion-2012-10-25/idNoticia-773326/ E Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino en Mesía, na Casa de Cultura as 21.30h.

Renovación do Blog

Agora podes ver os nosos Trailers no lado esquerdo xunto cos nosos colectivos. E na dereita contacto, próximos bolos e as obras en cartel e pechadas cos seus respectivos carteis que enlazan coas páxinas. Visitanos tamén no Facebook https://www.facebook.com/oaturuxo.demelpomene?ref=ts&fref=ts

Aberto o prazo para a convocatoria de proxectos A do ano 2013!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para o próximo ano 2013. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na dirección de espectáculos teatrais, promovendo unha calidade e rigor na montaxe e dirección da obra. No proxecto debe estar incluído o seu cache. Dado que o proxe

Estrea do grupo da asociación "O aturuxo de Melpómene" para o ano 2012!

Imaxe
Non faltedes!

Nova estrea de carrachanacacha!

Imaxe
Estreada no Festival de Teatro de Cee, en agosto de 2012.

Nova convocatoria de proxectos teatrais para grupos da asociación

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Tal e como foi aprobado na asemblea do 06 de xullo de 2012, queda aberto o prazo de presentación de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a segunda convocatoria, e polo tanto a correspondente ao segundo semestre do 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbi
A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurdan do proxecto

Nova actividade formativa

Aberto o prazo de inscrición no curso de formación permanente de DANZA, impartido no local da asociación por Rut Balbís, da compañía "Pisando ovos" e mestra da Escola Municipal de Danza contemporánea de Narón. O curso impartirase os luns ás 16.30 e cada sesión será de dúas horas. O prezo para soci@s é de 30 € e para non soci@s 60 €. As persoas interesadas podedes mandar un correo solicitando máis información e teléfonos de contacto a oaturuxodemelpomene@gmail.com Animádevos.