Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2010

Asociad@s

Imaxe
O próximo día 24 de abril, no Auditorio Municipal de Narón, non deixedes de asistir á estrea dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro e da nosa Asociación: Teterella Teatro.

María Veiga faise co premio á Mellor actriz na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada

Imaxe
PARABÉNS Á NOSA QUERIDA COMPAÑEIRA POLO SEU PREMIADO TRABALLO ACTORAL!
A entrega de premios será hoxe mesmo en Sada, ás 19.00 hs. Estades todos e todas invitados/as.

O grupo de teatro "Carrachanacacha" participa na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada.

Imaxe
A obra "Comendo pimentos de padróm com tarantino" foi selecionada para participar na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada xunto a outros 5 grupos de diferentes lugares de A Coruña e Lugo.

PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O 2010

Na última asemblea asociativa aprobáronse as actividades a desenvolver no presente ano, entre elas atópanse as seguintes:
* II Festival de Teatro Roberto Vidal Bolaño.
* Mostra de Teatro "Domingos de Melpómene".
* Montaxe, estrea e distribución da nova obra representativa da asociación "O método".
* Colaboración na Mostra de teatro das parroquias de Narón.
* Actividades Formativas: Obradoiro permanente, Cursos monográficos, etc.
* Distribución das obras en cartel.
* Adquisición de novos materiais de iluminación.
* Reformas no local da asociación (entarimado, materiais de almacenaxe, etc).
E moitas outras que podedes consultar na planificación de actividades que se atopa á vosa disposición no local da asociación ou solicitándollo á Equipa Directiva.