Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2008

Teatro-Formación

Imaxe
Se desexas formarte no ámbito actoral, agora tes a oportunidade de facelo: O próximo 01 de xullo ábrese o prazo de preinscripción para apontarse na Escola de Teatro de Narón. Esta escola ofrece formación en diferentes áreas: interpretación, teatro físico, creatividade dramática, montaxe, música e canto, voz, danza... Entre os profesionais que imparten as materias atoparedes a: Flor Maceiras, Pablo Sánchez, José Luis Prieto, Ramón Bermejo, Silvia Casal, Cristina Montero, Luis Ramos e Manuel Areoso. Esta escola é un lugar apaixoante! Non o dubidedes. O prazo estará aberto do 01 ao 15 de xullo. E a matrícula deberá formalizarse no Auditorio de Narón, Praza de Galiza.

Cometa, cometa

Imaxe
O pasado xoves 26 de xuño celebramos en Narón, a estrea de "Cometa, cometa" obra escrita e dirixida por José Luis Prieto Roca. O aturuxo de Melpómene, coa colaboración do Padroado de cultura de Narón, promoverá a distribución do espectáculo, principalmente en Galiza.

A noite na Pena Molexa

Imaxe
Unha pequena escolla de fotos nos momentos previos á actuación! coa mula... un encantamento... o rei e o mozo... un trío... un cuarteto... o rei e unha das súas leais guerreiras... os outros leais foron botar un cigarriño! galiña que tanto vales... os previos... os previos...

A directora da noite!

Imaxe
Graciñas Flor!

Pena Molexa

Imaxe
Algunhas imaxes de onte á noite na feliz velada de ensaios na Pena Molexa! Moito cariño no ambiente... Tamén algo de terror nocturno... emocións... reflexións... vaia mirada! compartir... segredos... un pouquiño de chiculate... e moita xente colaborando!