Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012
A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurdan do proxecto