Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2011

Preguntas sobre o meu pai

Imaxe
➧ Directora: Silvia Romaus. ➧ Elenco: Chús Prieto, Óscar Rodríguez e Iván González. ➧ Técnicas: Ana Loredo e Silvia Romaus. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013. "Ano 1937 a Guerra civil leva un ano dende o seu comezo. Nunha aldea de Lugo vive Mario, un rapaz de 13 anos que acaba de perder ó seu pai. Mario quere saber que foi o que lle pasou ó seu pai e porque morreu. A súa nai María, cérrase en banda e négase a contarlle nada. Don Xavier o mestre do pobo e íntimo amigo da familia atópase no medio de Mario e de María. Don Xavier quere contarlle toda a verdade a Mario, pero sabe que non pode traicionar a palabra que lle deu a María de manter silencio..."

ESTREA: Devanceiro Teatro

Imaxe
O grupo "Devanceiro Teatro" da asociación "O aturuxo de Melpómene" estreará o próximo 30 de outubro, no auditorio Municipal de Narón: Preguntas sobre meu pai.

2ª convocatoria para grupos teatrais da asociación

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Tal e como foi aprobado na asemblea do 07 de outubro de 2011, queda aberto o prazo de presentacion de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a segunda convocatoria, e polo tanto a correspondente ao segundo semestre do 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbito pr