Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

Premio Mellor Espectáculo

Imaxe
Recibimos o Premio a mellor espectáculo con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco.

Curso Santi Prego

Curso Santi Prego. TÍTULO: A comunicación eficaz entre actor e director. OBXECTIVO: Analizar, dun xeito práctico, o que eu, desde a miña experiencia, observo que é eficaz en dita comunicación. METODOLOXÍA: Gravación audiovisual. Porque hai esixencia de máis eficacia no audiovisual. Porque é máis divertido facelo en localizacións diferentes. Pero vale tanto para teatro como para audiovisual. CANDO: 23,24,25,26,27 DE XUÑO e 30 de XUÑO, 1,2,3 DE XULLO DE 16.30H A 20.30H Necesaria formación actoral previa, prazas limitadas. Interesados poñerse en contacto con   Paula Morado

Doble Sesión Cipriano

Mañá Sábado día 7 de Xuño estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no Auditorio Municipal de Cedeira as 21,00h. E o Domingo día 8 de Xuño estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no C.S. Pedroso (Narón) as 19,00h.

Apertura Proxecto B

Onte na asamblea aprobouse a apertura do Proxecto B que comeza hoxe día 2 de Xuño e remata na próxima asamblea o día 4 de Xullo. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto B con toda a información a redactar.