Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

En Dodro e O Barco

Esta fin de semana facemos as nosas duas obras. O Venres 2 de Outubro estaremos por Dodro con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" e o Sábado 3 de Outubro estaremos no Barco de Valdeorras con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Cuntis

Imaxe
Este Sábado 26 de Setembro estaremos en Cuntis coa nosa obra "Desencaixados (Esperp é ntica Crise)" 

A Familia Desencaixados Crece

Imaxe
Apartir de xa a familia Desencaixados ten un novo membro que fará o papel de Agustín Bolaños cando este non poida ir por problemas laborais. Dani Díaz e o noso novo Desencaixado.

Teatro con Melpómene 2015

Nunha semana comeza o Circuito Galego de Teatro Amador Fegatea 2015: "TEATRO CON MELPÓMENE" no cal teremos durante catro Domingos consecutivos catro representacións de balde e todas as 20.00h no Auditorio de Narón. 20 Setembro | "Animaliños" Teatro de Cámara Ditea 27 Setembro | "Inmortal" Grupo de Teatro Marañao 4 Outubro | "Alba, a casa pechada" Nostrum Cai 11 Outubro | "Un marido de ida e volta" Grupo de Teatro Chumpá Teatro Cada día que veñas daremos un obsequio do ciclo, e cada día tamén daremos unha rifa por persoa. O último día faremos o sorteo de dúas entradas para o espectáculo que queiras do Pazo de Cultura na tempada 15/16. Xa sabes a máis días que veñas máis rifas que tes ;) Teatro con Melpómene.

En Dumbria

Imaxe
Mañá Domingo 6 de Setembro andaremos as Carrachas por Dumbria as 21,30h con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)"