Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Imaxe
Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego). O Aturuxo estará con Misterios o mércores 1 as 19.00 no Teatro Principal. Misterios:  "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro.  Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos."

Actuación do coro na EOI

Imaxe
Boas a tod@s! Hoxe, as 20:00, estaremos na EOI Ferrol cunha actuación do noso coro "GRAN CORRAL POLIAFÓNICA DO ATURUXO DE MELPÓMENE". Tamén estará a compañía de teatro Muíño do Vento que representará a obra “O PENÚLTIMO TREN” de José Prieto. Todo isto no salón de actos da EOI. Os esperamos! 

II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Imaxe
Boas a todos! Os deixamos o cartaz da II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo onde estaremos con Terapia de Bar o día 6, este venres, as 21:00. O prezo da entrada son 2 euros e sera no auditorio de rianxo. 

Cambios na web

Imaxe
Actualizámonos! Si, como podeis ver na web, fixemos un lavado de fronte para que todo este máis bonito e ordenado. Non dudeis en botar un ollo a todo e comentar que vos parece todo. Por outra banda, agora temos instagram e canle de youtube. O primeiro o usaremos para subir curiosidades e o segundo, obviamente, para subir e organizar os vídeos dás obras e proxectos que fixemos. Aqui seguiremos subindo toda a información importante mentres que en facebook usarémolo para información cotiá e resolver algunha que outra dúbida. Vivimos nunha sociedade na que nas redes son moi importantes e nos non podiamos ser menos. Nada máis, polo menos demomento. Iso si, ou 6 de Outubro temos bolo de Terapia do Bar en Rianxo así que non dudedes ir e informarvos dos próximos bolos na páxina correspondente para ver máis. O Aturuxo de Melpómene.