Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

Videoclip Caxade

Imaxe
Aínda foi nada pero xa estamos ansiosos por ver o resultado da participación no novo videoclip de CAXADE que sairá sobre a primaveira e no que participaron algúns dos nosos socios. Un tema escrito por Sechu Sende "E isto é o amor" e grabado por Javier Antelo, e dirixido "artisticamente" polo noso Leandro Lamas. Terá de todo un pouco incluso un momento "verbena". Esperamos o resultado e damos grazas por poder participar nel.... Mil grazas!!

Proximamente...

Apartir do mes que ven comezaremos a traballar con Paula Carballeira cun texto infantil seu. Coa intención de que se converta logo nun novo espectáculo da asociación. Seguiremos informando...

Curso Evaristo Calvo

E para a semana que ven recibiremos un curso do gran Evaristo Calvo na nosa asociación de O Aturuxo de Melpómene, veña que xa non queda nada...

Peche Desencaixados

Imaxe
Logo de moitas voltas e mais voltas temos que anunciar o peche da nosa obra Desencaixados (Esperpéntica Crise). Foi un proxecto fermoso e creado da nada, en definitiva algo diferente o que fixeramos na asociación ate ese momento. Dar grazas a tod@s e cada un d@s que foron participes neste proxecto sexa cal sexa a maneira. Nesta andaina conseguimos nun ano e pico uns trinta e algo bolos e fumos o Magán, Palencia, Toledo e ata nos deron dous premios a mellor actriz.....e en definitiva fixemos o que nos gusta e nos fai felices que e facer Teatro e rodeados das mellores das compañias. Mil grazas e vémonos nos teatros!!