Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

En Dumbria

Imaxe
Mañá día 24 actuaremos con A Ratoeira en Dumbria as 21.00h Será a última función da nosa qu erida Chus Olivares moitas grazas por todo. Ali onde vaias segue teatrando sempre. Apartir de agora sustituira o seu papel na Ratoeira Maite Da Costa.

Maria Veiga

Imaxe
Maria Veiga será unha das integrantes da nosa nova montaxe, unha das fundadoras da asociación polo 2007. Actriz na asociación con Cometa cometa, Non todos os ladróns veñen por mal, Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino, As tres mosqueteiras, Gheidi, A Ratoeira, Pena Molexa e A Ouigha, todo isto en Teatro. Actriz nas nosas Curtametraxes de A Rampla e De Baixa. Animacións nas Letras Galegas e no entroido de Valdoviño. Participación na comparsa dos Miserables. E premios a mellor Actriz no Lugris Freire de Sada e no Certame Candilejas Don Bosco. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.

Nova Montaxe

Onte comezamos os ensaios da que será a nosa nova montaxe neste ano 2014. Sobre o escenario poremos unha obra de creación colectiva dirixida por Pablo Sánchez. Seguiremos informandoo!!