Maria Veiga

Maria Veiga será unha das integrantes da nosa nova montaxe, unha das fundadoras da asociación polo 2007. Actriz na asociación con Cometa cometa, Non todos os ladróns veñen por mal, Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino, As tres mosqueteiras, Gheidi, A Ratoeira, Pena Molexa e A Ouigha, todo isto en Teatro. Actriz nas nosas Curtametraxes de A Rampla e De Baixa. Animacións nas Letras Galegas e no entroido de Valdoviño. Participación na comparsa dos Miserables. E premios a mellor Actriz no Lugris Freire de Sada e no Certame Candilejas Don Bosco.

Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.



Comentarios