Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Todo remata

Chegou o día e hoxe remata a aventura de "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).  Vinde vernos e acompáñanos neste día especial...

Pechamos Cipriano

Imaxe
Lembra que este Domingo 27 as 19.00h pecha o telón así que xa sabes, ven ver "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)"...non terás outra oportunidade...

Novidades

Logo do curso de Preparación do Casting con Sandra Montes encaramos este final de ano cun día marcado no calendario. O 27 de Decembro no Auditorio de Narón (Última función) "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)". Se aínda non a viches ou queres repetir esta e a derradeira oportunidade.

En Boiro

Este Venres 27 de Novembro estaremos en Boiro as 21.00h no auditorio da casa de cultura Ramon Martinez Lopez con "Desencaixados (Esperpentica Crise) " no que será o último bolo de este ano de Desencaixados,  para o ano mais.

En Oroso e Carral

Imaxe
Voltamos outra fin de semana mais con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" , estaremos o Venres 20 en Oroso e o Sábado 21 en Carral.

En Neda e Padrón

Imaxe
Esta fin de semana logo do pasado triplete toca doblete , e estaremos o Venres 13 en Neda e o Sábado 14 en Padrón ambos días con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

Triplete

Esta semana faremos triplete con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" porque estaremos o Venres 6 en As Pontes, o Sábado 7 en Rois e o Domingo 8 en Teo. E o Sábado 7 tamén estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" en Aguiño na que será unha das suas últimas funcións.

Proxecto A

Aberto o prazo de presentación para a convocatoria de Proxectos no formato A para todos os asociados ata o 29 de Novembro ou 4 de Decembro (Dependendo da asamblea). Podedes consultar as bases na pestana Proxecto A.

En O Carballiño

Imaxe
Hoxe día 31 de Outubro estaremos en O Carballiño facendo a nosa obra "Desencaixados (Esperpéntica Crise)".

Curtametraxe "De Baixa"

Imaxe
Aquí está a nosa segunda Curtametraxe realizada no ano 2014 "De Baixa", xa podedes vela en Youtube... Igual que a primeira "A Rampla" ambas escritas e dirixidas por Juanín Ares Gondell, e podense ver en Youtube. Esperamos que vos guste!!

En Ribeira e Arzúa

Imaxe
Esta fin de semana andaremos mañá Venres 23 por Ribeira e o Domingo 25 por Arzúa ambos días con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Outes

Imaxe
Este Sábado día 17 estaremos en Outes coa nosa obra "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Valadares

Imaxe
Este Sábado día 10 estaremos en Valadares coa nosa obra "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Dodro e O Barco

Esta fin de semana facemos as nosas duas obras. O Venres 2 de Outubro estaremos por Dodro con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" e o Sábado 3 de Outubro estaremos no Barco de Valdeorras con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Cuntis

Imaxe
Este Sábado 26 de Setembro estaremos en Cuntis coa nosa obra "Desencaixados (Esperp é ntica Crise)" 

A Familia Desencaixados Crece

Imaxe
Apartir de xa a familia Desencaixados ten un novo membro que fará o papel de Agustín Bolaños cando este non poida ir por problemas laborais. Dani Díaz e o noso novo Desencaixado.

Teatro con Melpómene 2015

Nunha semana comeza o Circuito Galego de Teatro Amador Fegatea 2015: "TEATRO CON MELPÓMENE" no cal teremos durante catro Domingos consecutivos catro representacións de balde e todas as 20.00h no Auditorio de Narón. 20 Setembro | "Animaliños" Teatro de Cámara Ditea 27 Setembro | "Inmortal" Grupo de Teatro Marañao 4 Outubro | "Alba, a casa pechada" Nostrum Cai 11 Outubro | "Un marido de ida e volta" Grupo de Teatro Chumpá Teatro Cada día que veñas daremos un obsequio do ciclo, e cada día tamén daremos unha rifa por persoa. O último día faremos o sorteo de dúas entradas para o espectáculo que queiras do Pazo de Cultura na tempada 15/16. Xa sabes a máis días que veñas máis rifas que tes ;) Teatro con Melpómene.

En Dumbria

Imaxe
Mañá Domingo 6 de Setembro andaremos as Carrachas por Dumbria as 21,30h con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)"

En Cee

Imaxe
Este Domingo 23 de Agosto voltamos das vacacións e estaremos na Casa da Cultura de Cee as 21,30h coa obra "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

Fábula das galinhas, o gato e o cam

Imaxe
Fábula das galinhas, o gato e o cam esta inspirada nun texto de Carlos González. Representación creada para o AD-HOC do Aturuxo de Melpómene e realizada de novo na Palloza. (2015)

Vacacións?

O Aturuxo de Melpómene saímos de vacacións porque temos un parón ata o 23 de Agosto (Desencaixados), voltaremos coas pilas cargadas e próximamente teremos algunha novidade. Teatro sempre!!

En Negreira

Mañá día 12 de Xuño estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) no Auditorio Centro Sociocultural de Negreira as 21.00h.

En Ons (Brión)

Imaxe
Mañá Sábado 23 de maio estaremos en Ons (Brión) coa nosa obra "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" as 21.00hrs.

En Porriño

Mañá Domingo día 17 de Maio estaremos con "Desencaixados (Esperpentica Crise)" en Porriño,  feliz día das nosas letras, nos o celebraremos actuando.

En Lugo

Imaxe
Mañá Sábado 25 de Abril estaremos con "Desencaixados (Esperpentica Crise)" en Lugo, no local de Hipócrita Teatro as 20.00h

En Villacañas e Lalin

Esta fin de semana estaremos venres día 17 en Villacañas ( Toledo) con "Desencaixados (Esperpentica Crise) " e o  sábado 18 en Lalin con " Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).

En O Couto

Imaxe
Mañá Domingo 12 de Abril estaremos en O Couto (Narón) con "Desencaixados (Esperpentica Crise)"

Premio Mellor Actriz

Imaxe
Teresa Rua acadou un novo recoñecemento , esta vez o Premio a mellor Actriz  por "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" na XI Mostra de Teatro Afeccionado de Sada. Parabéns compañeira.

En Valdoviño

Imaxe
Este Domingo 29 estaremos en Valdoviño con Desencaixados (Esperpéntica Crise), na semana do día mundial do teatro.

En Cambre e Sada

Imaxe
      Esta fin de semana estaremos o Sábado 14 en Cambre e o Domingo 15 en Sada, ambos días con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)".   Dende fai varias actuacións, por problemas laborais non sempre irá Iván González, a súa sustituta cando sexa necesario e Chús Prieto.