Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2009

Estrea en Narón: A PARÁBOLA DA RÁ.

Imaxe
O próximo sábado 04 de abril, estréase en Narón: A parábola da rá, comedia documental sobre o cambio climático. Se queredes coñecer de primeira man o que está pasando... non o dubidedes, ésté é o voso espectáculo. Acudide en masa, avisade á familia, amigos e demáis seres vivos do planeta: HAI QUE FACER ALGO! O sábado ás 20.00 hs no auditorio de Narón.

Formación permanente: Teatro expresión viva

Todos os venres na asociación desenvólvese o monográfico de interpretación a cargo de Adelaida Pittaluga. O obradoiro tentará xerar nos/nas participantes a inquitude de búsqueda nas posibilidades creativas do movemneto corporal e bucal. O obradoiro rematará cun traballo práctico grupal no que se desenvolverá unha composición co fruto do traballo desenvolto.