Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2010

PROXECTOS CANDIDATOS Á MONTAXE DO PRÓXIMO ANO 2011.

Este é o listado de proxectos candidatos á montaxe do próximo 2011. Preparádevos para ler e meditar o voso voto. Lembrade que as votacións serán na asemblea de decembro! * "Unha gata encima dun tellado de cinz quente". * "Bailando en verán". * "As cárceres do esquenzo". * "A Biblia (abreviada)". * "Café". * "Panorama desde a ponte". * "A ratoeira". Temos onde escoller! Moito ánimo e parabéns as persoas que presentaron os proxectos!

Curso de Interpretación de verso

Impartido por Flor Maceiras e Lino Braxe. Lugar: Local da asociación. Datas: Novembro: 19, 22, 26 e 29. Decembro: 03, 10, 13, 17, 20 e 23. Sesións de 3 hs. Aberto o prazo de matrícula. Prezo: 50 euros socios/as. 100 euros non socios/as. Contactade con Lorena ou María. Ou ben remitide o voso correo ao enderezo electrónico da asociación.

Curso de Commedia dell'arte

Impartido por Pablo Sánchez. Celebrarase no local da asociación nos seguintes días: - Martes 16, 23 e 30 de novembro. - Xoves 02 de decembro. Sesións de 3 hs, en horario de 19.00 a 22.00. Aberto o prazo de inscrición. Prezo da matrícula: 30 euros asociados/as. 60 euros non socios/as. Contactade con Lorena ou María. Ou ben remitide o voso correo ao enderezo electrónico da asociación.