Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

En Malpica

Mañá 13 de Decembro estaremos as Carrachas en Malpica con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) as 20.00hrs

En Santiago

Mañá estaremos con "Desencaixados (Esperpéntica Crise) en Santiago de Compostela no Salón Teatro as 21.00 hrs logo de ser seleccionados no Agustín Magán 2014 e estamos de estrea de Trailer.

En San Xiao e San Sadurniño

Mañá Domingo 30 de Novembro teremos doble sesión de Aturuxo de Melpómene. Por un lado estaremos con "Desencaixados ( Esperpéntica Crise )" en San Xiao as 19.00hrs E por outro estaremos con "Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte ) en San Sadurniño as 19.00hrs Ven de SanSan co Aturuxo.

En Cedeira

Imaxe
Mañá estaremos no Auditorio Municipal de Cedeira as 20.00hrs con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Tafalla

En algo mais de 48 horas estaremos actuando por segunda vez en Tafalla, esta vez con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).... http://teatroamateurnavarra.blogspot.com.es/2014/11/tafalla-apertura-tercer-sector.html

En O Barco

Hoxe 1 de Novembro as 21.00hrs estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" en O Barco de Valdeorras na que será a primeira función na que o noso director Leandro Lamas pasa para o escenario. Que papel interpretará ?

Despedida Pimentos

Imaxe
O Domingo 26 as 20.00h terá lugar a última función de "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino" a derradeira oportunidade de ver a obra das sesenta e pico funcións, comezada polo 2009. Nada volverá a ser coma antes cando se peche...

Apertura Proxecto A

Na última asamblea aprobouse a apertura do Proxecto A que comeza o día 20 de Outubro e remata o día 21 de Novembro. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto A con toda a información a redactar.

"Desencaixados" ( Esperpéntica crise )

Imaxe
➧   Director: Pablo Sánchez (Pablísimo). ➧  Elenco: Juanín Ares Gondell, Iván González (Chús Prieto), María Veiga, Agustín Bolaños (Dani Díaz), Óscar Manso e Tere Rúa. ➧  Técnicos: Jose Manuel Felpeto e María López. ➧  Anos de duración: De 2015 ata 2015. "Desencaixados" ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade… Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual."

Estrea Desencaixados

Imaxe
  Desencaixados ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade… Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual. Elenco – Juanin Ares Gondell , Iván González , María Veiga , Agustín Bolaños , Óscar Manso , Tere Rúa Dirección – Pablo Sánchez ( Pablísimo ) Axudante Dirección - Chús Prieto Deseño Gráfico e de Iluminación – Quique Vázquez Técnicos de Iluminación e Son – Jose Manuel Felpeto e Ana Loredo Boneco e seu Atrezo – Viravai Arranxos de Vestiario – Gena Hernández e Yoli Lozano Arranxos de Son – Iván González Producción – María Veiga ,

Desencaixados Diario de Ferrol

Artigo de onte no Diario de Ferrol. Recordarvos que este venres as 20.00h comezamos as funcións de Teatro con Melpómene co grupo de   Gargallada Teatro . http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/aturuxo-melpomene-reflexiona-crise-desencaixados/20140921225203101519.html

Teatro con Melpómene

Imaxe
O 12 de Outubro as 20.00h estrearemos a que será a nosa nova montaxe titulada "Desencaixados (Esperpéntica Crise)". No Auditorio de Narón no cal serán todas as representacións do noso Teatro con Melpómene. O día 26 tamén será especial porque farase por última vez a nosa obra "Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino". Ven o Teatro. Comparte!!

En Caranza

Mañá día 21 de Setembro estaremos con "Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte )" en Caranza as 19.00hrs.

Tere Rúa

Imaxe
Tere Rúa será a última das integrantes da nosa nova montaxe, na asociación dende 2012. Actriz na asociación con Pena Molexa. Participación na comparsa dos Miserables. O domingo diremos o título da obra.

Juanín Ares

Imaxe
Juanín Ares será o quinto dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2011. Actor na asociación con Café, A Ouigha e Pena Molexa t odo en Teatro. Director das nosas duas Curtametraxes A Rampla (2011) e De Baixa (2014). Participación na comparsa dos Miserables. So queda unha integrante por presentar e diremos como se chama a nosa nova montaxe.

Apertura Proxecto B

Na última asamblea aprobouse a apertura do Proxecto B que comeza o día 14 de Setembro e remata na próxima asamblea o día 17 de Outubro. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto B con toda a información a redactar.

Agustín Bolaños

Imaxe
Agustín Bolaños será o cuarto dos integrantes da nosa nova montaxe, un dos últimos en apuntarse a nosa asociación , membro dende 2014. Iniciase así a súa andaina no Aturuxo de Melpómene.   Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco. Do que só quedan por presentar 2 persoas. O título da obra diremolo cando xa teñamos presentado o elenco.

Na Graña

Mañá 12 de Setembro estaremos con Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte ) en A Graña.

Oscar Manso

Imaxe
Oscar Manso será o terceiro dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2012. Actor na asociación con A Ratoeira, Pena Molexa e A Ouigha todo isto en Teatro. Axudante na nosa Curtametraxe de De Baixa. Participación na comparsa dos Miserables. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.

Güija a Castelao

Representación de O Aturuxo de Melpómene no Certame AD-HOC de Santiago de Compostela, dirixido por Leandro Lamas.

Iván González

Imaxe
Iván González será outro dos integrantes da nosa nova montaxe, membro da asociación dende 2010. Actor na asociación con Preguntas sobre o meu pai e Pena Molexa, todo isto en Teatro. Técnico de iluminación e son en Café e Gheidi. Axudante nas nosas Curtametraxes de A Rampla e De Baixa. Animacións nas Letras Galegas e no día dos Museos. Participación na comparsa dos Miserables. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.

En Dumbria

Imaxe
Mañá día 24 actuaremos con A Ratoeira en Dumbria as 21.00h Será a última función da nosa qu erida Chus Olivares moitas grazas por todo. Ali onde vaias segue teatrando sempre. Apartir de agora sustituira o seu papel na Ratoeira Maite Da Costa.

Maria Veiga

Imaxe
Maria Veiga será unha das integrantes da nosa nova montaxe, unha das fundadoras da asociación polo 2007. Actriz na asociación con Cometa cometa, Non todos os ladróns veñen por mal, Comendo Pimentos de Padrón con Tarantino, As tres mosqueteiras, Gheidi, A Ratoeira, Pena Molexa e A Ouigha, todo isto en Teatro. Actriz nas nosas Curtametraxes de A Rampla e De Baixa. Animacións nas Letras Galegas e no entroido de Valdoviño. Participación na comparsa dos Miserables. E premios a mellor Actriz no Lugris Freire de Sada e no Certame Candilejas Don Bosco. Nas próximas semanas ata a estrea iremos presentando o resto do elenco.

Nova Montaxe

Onte comezamos os ensaios da que será a nosa nova montaxe neste ano 2014. Sobre o escenario poremos unha obra de creación colectiva dirixida por Pablo Sánchez. Seguiremos informandoo!!

En Salvaterra

Hoxe estaremos en Salvaterra do Miño as 22,30 hrs con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" na XIII Mostra de Teatro Afeccionado Móstrate.

Ciclo de Teatro con Melpómene

  26 de setembro: GARGALLADA TEATRO: "O anel máxico" 28 de setembro: O TRASNO NOVO TEATRO: "Consuelo" 5 de outubro: ANDARAVÍA TEATRO: " A república de Gundián” 12 de outubro: O ATURUXO DE MELPÓMENE: Estrea da nosa nova montaxe. 19 de outubro: ACHÁDEGO TEATRO:  “O barco sen mariñeiro” 26 de outubro: O ATURUXO DE MELPÓMENE: "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino". O horario das representacións vai ser ás 20 horas no Auditorio.  Daremos rifas cada día para o sorteo de dúas entradas para o Pazo o día do peche da mostra.  Entrada de balde. O 26 de Outubro e a última representación de "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino". Obra comezada polo ano 2009... 

Foto do curso

Imaxe
Final do Curso de comunicación eficaz do actor e director (Audiovisual) con Santi Prego

Premio Mellor Espectáculo

Imaxe
Recibimos o Premio a mellor espectáculo con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco.

Curso Santi Prego

Curso Santi Prego. TÍTULO: A comunicación eficaz entre actor e director. OBXECTIVO: Analizar, dun xeito práctico, o que eu, desde a miña experiencia, observo que é eficaz en dita comunicación. METODOLOXÍA: Gravación audiovisual. Porque hai esixencia de máis eficacia no audiovisual. Porque é máis divertido facelo en localizacións diferentes. Pero vale tanto para teatro como para audiovisual. CANDO: 23,24,25,26,27 DE XUÑO e 30 de XUÑO, 1,2,3 DE XULLO DE 16.30H A 20.30H Necesaria formación actoral previa, prazas limitadas. Interesados poñerse en contacto con   Paula Morado

Doble Sesión Cipriano

Mañá Sábado día 7 de Xuño estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no Auditorio Municipal de Cedeira as 21,00h. E o Domingo día 8 de Xuño estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" no C.S. Pedroso (Narón) as 19,00h.

Apertura Proxecto B

Onte na asamblea aprobouse a apertura do Proxecto B que comeza hoxe día 2 de Xuño e remata na próxima asamblea o día 4 de Xullo. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto B con toda a información a redactar.

Feliz Día

Imaxe

Álbum de Fotos

Podedes ver as nosas fotos de  "Cipriano de Bequelar (Historia de Amor e Morte)" no Facebook de Carrachanacacha premendo aquí abaixo. https://www.facebook.com/media/set/?set=a.738579909515669.1073741825.107877369252596&type=1

Na Coruña

Mañá día 2 de Maio no Certamen Candilejas Don Bosco na Coruña as 20,30h estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" 

En Culleredo

Mañá día 29 de Abril estaremos no IES Universidade Laboral en Culleredo con "A Ratoeira"

En Dodro

Mañá día 26 estaremos con "A Ratoeira" en Dodro.

En Ordes

Mañá día  25 de Abril as 12.00h estaremos en Ordes con "A Ratoeira"

Curtametraxe "A Rampla"

Aquí está a nosa primeira Curtametraxe realizada no ano 2011 "A Rampla", xa podedes vela en youtube... agora estamos traballando na montaxe da segunda rematada de grabar fai nada e titulada "De Baixa" ambas escritas e dirixidas por Juanín Ares Gondell.

AD HOC

Imaxe
Foto da nosa participación no AD HOC en Santiago de Compostela coa micropeza "Ouigha a Castelao" De esquerda a dereita : Chus Olivares, María Veiga, Gena Hernández, Silvia Casal, Juanín Ares e Óscar Manso.

O Couto

Mañá andaremos de novo por as nosas terras con A Ratoeira en O Couto (Narón).

Mañá AD HOC

Imaxe
Mañá estaremos por Santiago de Compostela neste interesante proxecto as 17,45h as 18,30h e as 19,15h na Sala 3 do CSC. Santa Marta.   PARTICIPACIÓN NO VII CICLO DE TEATRO COMUNITARIO AD-HOC  Proxecto de Creación Escénica (2014)

Premio mellor espectáculo

Imaxe

Próximos días

Nos próximos 3 días estaremos : 28 de Marzo as 12,30h no IES San Rosendo en Mondoñedo con A Ratoeira.   29 de Marzo as 20,00h en Cedeira con A Ratoeira. 29 de Marzo as 21,00h en Vedra con Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) 30 de Marzo as 19,00h en Valdoviño con A Ratoeira. 

En Sada

Mañá día 23 toca Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) por Carrachanacacha en Sada as 20.00h Trailer Cipriano de Bequelar from Brais Romero on Vimeo .

En Cambre

Mañá día 15 andaremos por Cambre coa obra A Ratoeira do Aturuxo de Melpómene as 19.00h

Novidade

Agora coma novidade podes atopar todo de forma máis sinxela no blog premendo nas pestañas directamente para favorecer a búsqueda.

Actualización Bolos

A Ratoeira : 15 de Marzo en Cambre. 28 de Marzo no IES San Rosendo en Mondoñedo.  29 de Marzo en Cedeira.  30 de Marzo en Valdoviño. 6 de Abril en O Couto (Narón). 25 de Abril en Ordes. 29 de Abril no IES Universidade Laboral en Culleredo. 2 de Maio no IES Xelmírez II en Santiago de Compostela. 20 de Maio no IES Salvador Madariaga en A Coruña. 24 de Agosto en Dumbria. 19 de Outubro en Sada. 25 de Outubro en Rianxo. 11 de Novembro en O Pino. 15 de Novembro en Neda. 22 de Novembro en Carral. 29 de Novembro en Padrón. 5 ou 6 de Decembro en Ribeira. Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) :  23 de Marzo en Sada. 29 de Marzo en Vedra. 13 de Decembro en Malpica. Por confirmar data en San Sadurniño. Por confirmar data en Naraío. Por confirmar data en Bardaos.

Estatutos

Capítulo 1. DA ASOCIACIÓN EN XERAL. Art. 1º. 1. Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN TEATRAL O ATURUXO DE MELPÓMENE”. 2. A asociación rexerase por estos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demáis legislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. Art. 2º. O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Narón, rúa de Vigo, nº 12-14. 1º Dereita. A Gándara,C.P. 15570. Teléfonos 636 242 681 - 609 906 349. Correo electrónico: o aturuxode Melpómene@hotmail.com. Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dándolle conta do seu acordo ao organismo encargado do Rexistro de Asociacións. Art. 3º. A asociación, en fun

Curso Dirección

O Aturuxo de Melpómene abre o prazo de matrícula dun curso de dirección con Cándido Pazó que terá lugar no noso local en Xubia os luns de Xaneiro,Febreiro e Marzo de 4 a 8 ,Cunha duración total de 36 horas. Prezo 200 Euros Interesad@s poñedevos en contacto no número 690103659