Aberto o prazo de inscrición nas actividades de deFORMArte

Desde onte día 06 de xullo de 2009 e ate o próximo día 12 de xullo está aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades:
* Interpretación ante a cámara. Dirixido por Yolanda Muíños.
* Improvisación. Dirixido por Carles Montoliu.

A cuota de inscrición é de 100 € para socios/as e de 130 € para non socios/as.

Lembrade que o límite de prazas é 15. A reserva de prazas é efectiva no momento do pagamento e previa consulta telefónica ou por e-mail ao:

675-263-642 gzlorena@yahoo.es
En ambos cursos é preciso remitir a ficha de inscrición ao correo indicado. No curso de interpretación é preciso ademáis, remitir unha foto de cara e un breve currículum no que se especifique a formación en interpretación da persoa inscrita.

Comentarios