ABERTO O PRAZO DE PRESENTACION DE PROXECTOS PARA O 2010!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Na ultima asemblea anunciouse a apertura do prazo de presentacion de proxectos teatrais para o proximo ano 2010.

A continuacion detallamos os diversos pontos que debe incluir o proxecto:

1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo.
2. RECURSOS HUMANOS.
2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacions que isto conleva (disposicion para o periodo de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacions no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusion no proxecto e conformes coa mesma.
2.2. DIRECCION. O proxecto debe incluir o nome da persoa proposta para a direccion. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na direccion de espectaculos teatrais, entendendo por "profesional" que defendera unha calidade e un rigor na montaxe e direccion da obra. No proxecto debe estar incluido o seu cache. Dado que o proxecto non estara aprobado ate que sexa escollido pola asemblea, o contacto coa persoa debe ser informativo e non un acordo formal.
2.3. AXUDANTE DE DIRECCION. O proxecto incluira a unha persoa asociada que ocupara o posto de axudante de direccion responsable das tarefas que isto implica (estar presente durante a montaxe e colaborar co director/a nas diversas actividades que se acorden). A persoa que asuma este posto tera a responsabilidade de "Director/a en xira" unha vez estreada a obra.
2.4. PRODUCION. Incluirase a unha persoa responsable da producion do espectaculo, que debera coordinar e xestionar as tarefas que engloba este posto (xestion de recursos economicos, adquisicion de recursos materiais, planificacion de tempos e pasos a dar na montaxe, etc).
2.5. AXUDANTE DE PRODUCION. Un socio ou socio asumira as labores de axudante de producion, que estara encargado/a de colaborar co productor/a axundandolle nas labores antes indicadas.
2.6. DISTRIBUCION. No proxecto incluirase a unha persoa asociada para levar a distribucion da obra. Este posto implica a planificacion da distribucion do espectaculo (cando se vai realizar cada paso, quen se fai reponsable, etc) e a xestion da mesma (contactos de distribucion, espazos, envio de publicidade, detallar necesidades de publicidade, etc).
2.7. AXUDANTE DE DISTRIBUCION. Sera a persoa encargada de colaborar co distribuidor/a do espectaculo, tanto na sua planificacion como na sua execucion (contactar cos espazos, enviar a publicidade, etc).
2.8. DESEÑO DE PUBLICIDADE. No proxecto indicarase o nome da persoa asociada que se responsabilizara do deseño do material de publicidade. Esta persoa debe coordinarse coa producion (para a planificacion dos tempos) e coa distribucion (tamen para a planificacion dos tempos e para cubrir as necesidades que se indiquen), e de ser o caso, coa direccion do espectaculo se queren realizar algunha suxerencia. Entre as tarefas mais comuns estaran o deseño do cartaz, programas de man, etc.
2.9. DESEÑO DE LUCES. Neste posto pode figurar algunha persoa da asociacion con experiencia neste ambito, ou ben un profesional que seria contratado para a realizacion do mesmo, neste ultimo caso o proxecto debe incluir o cache desta persoa.

2.10. TECNICO/A DE LUCES. Unha persoa asociada debe asumir a tarefa de Tecnico/a de luces, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacions que xurdan coa funcion de manexar a equipa de iluminacion e cubrir as necesidades luminicas da obra nos diversos espazos de actuacion. ** Seria interesante que neste posto se incluise a algunha das persoas asociadas con interese manifesto neste ambito, dado que actualmente este traballo esta recaendo sempre na mesma persoa.

2.11. TECNICO/A DE SON. Unha persoa asociada debe asumir a tarefa de T. de son, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacions que xurdan coa funcion de manexar a equipa de son e cubrir as necesidades sonoras da obra nos diversos espazos de actuacion. Este posto so sera preciso no caso de existir tales necesidades sonoras. Tamen pode darse a posibilidade de que o posto o cubra outra persoa que este asumindo outra funcion (por ex. o T. de luces ou o Ax. de Direccion).

3. RECURSOS MATERIAIS.
O proxecto debe incluir todos aqueles recursos materiais que seran precisos para a montaxe da obra, asi como unha estimacion economica dos gastos que conlevan.
3.1. ESCENOGRAFIA. Cal e a proposta de escenografia para a montaxe e/ou unha estimacion do custo da mesma.
3.2. ATREZZO. Necesidades que o texto marca de atrezzo. Cando menos, estas deberan estar recollidas, asi como o seu custo estimado.
3.3. VESTIARIO. Unha estimacion das necesidades de vestiario que seran precisas para o desenvolvemento da obra.
3.4. MAQUILLAXE. Unha estimacion das necesidades de maquillaxe que seran precisas no desenvolvemento da obra.
3.5. OUTROS. Indicaranse aqueles recursos materiais que de anteman estan marcados como imprescindibeis para abordar a montaxe da obra.

** Todos os apartados aqui recollidos seran considerados flexibeis, posto que a posteriori poderan estar suxeitos a cambios por necesidades de direccion. En todo caso a estimacion de gastos debe ser o mais acorde cos custos finais da obra.

4. RECURSOS ECONOMICOS.
Neste apartado recollerase unha relacion detallada de todos os custos que tera que afrontar a asociacion para a posta en marcha desta montaxe, asi como unha estimacion dos custos que se derivaran da distribucion da mesma (por exemplo: como se organizaran os traslados aos lugares de actuacion, nº de coches necesarios para o traslado, se estan cubertas as necesidades de traslado da escenografia, se ser a preciso o aluger dunha furgoneta, etc).
O custo total do proxecto sera o numero que na montaxe da obra se deba ter en conta para a distribucion economica da mesma (pago da direccion, adquisicion da escenografia, etc), sendo a cifra limite que non debera ser revasada na propia montaxe. De ser a obra escollida, e no caso de que a montaxe posterior requerise dunha inversion maior, sera precisa a consulta previa coa equipa directiva e no seu caso (de ser unha cantidade economica significativa) coa asemblea, para a aprobacion dunha nova partida economica.

5. PLANIFICACION.
O proxecto debe incluir unha planificacion temporal que recolla entre outros os seguintes aspectos:
5.1. PERIODO DE MONTAXE. Debera estar detallado o periodo temporal da montaxe (por exemplo o mes de setembro), incluindo o nº de horas destinado ao mesmo (ex. 4 horas diarias, 6 horas luns-mercores-venres...), horario detallado, lugar de realizacion (preferentemente o local da asociacion), etc.
5.2. DISTRIBUCION. Detallar a planificacion da distribucion (tempos para a tarefas: publicidade, contactos cos espazos, etc).
5.3. ESTREA. Sinalar a data e lugar preferente de estrea. Posteriormente deberan iniciarse as xestions para pechar dita data e lugar.

6. OUTROS DATOS.
Recoller toda aquela informacion que se considere relevante. Por exemplo: Publico ao que esta destinado, Xenero, etc.

ANEXOS

O proxecto debe incluir o texto en galego ou traducido ao galego.
Posteriormente incluirase o deseño de luces, son, etc. Unha vez elexida tamen ser imprescindible adxuntar o permiso do autor/a do texto.


ANIMADEVOS A PARTICIPAR: A PRESENTACION DE PROXECTOS DEBE SER O MAIS PLURAL POSIBLE E IMPLICAR A NOVAS PERSOAS NAS OBRAS REPRESENTATIVAS DA ASOCIACION.

Se tedes algunha dubida podedes contactar con:
Lorena 675263642.


P.D. Desculpas pola ausencia de acentuacion, pero o meu ordenador esta fatal!.

Comentarios