Aberto prazo proxectos B

PROXECTO B

A continuación detállanse os diversos pontos que debe incluír o proxecto:

1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo.

2. RECURSOS HUMANOS.

2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que istoconleva (disposición para o período de montaxerecollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma.

2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoaproposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencerao ámbito profesional. No caso de pertencer a dito ámbito, no proxecto debe estar incluído o seu caché. Dado que o proxecto non estará aprobado ate que sexaescollidopolaasemblea, o contacto coa persoa debe ser informativo e non un acordo formal.

2.3. AXUDANTE DE DIRECCIÓN. O proxecto incluirá unhapersoa asociada que ocupará o posto de axudante de dirección sendo a responsable das tarefas que isto implica (estar presente durante a montaxe e colaborar co director/a nas diversas actividades que se acorden). A persoa que asuma este postoterá a responsabilidade de "Director/a en xira" unha vez estreada a obra.

2.4. PRODUCIÓN. Incluirase a unhapersoa responsable da produción do espectáculo, que deberá coordinar e xestionar as tarefas que engloba este posto (xestión de recursos económicos acorde aoproxecto presentado, adquisición de recursos materiais, planificación de tempos e pasos a dar namontaxe, etc).

2.5. AXUDANTE DE PRODUCIÓN. Un socio ou socia asumirá as labores de axudante de produción, que estará encargado/a de colaborar co productor/a axundándollenas labores antes indicadas.

2.6. DISTRIBUCIÓN. No proxectoincluirase a unhapersoa asociada para levar a distribución da obra. Este posto implica a planificación da distribución do espectáculo (cando se vai realizar cada paso, quen se faireponsable, etc) e a xestión da mesma (contactos de distribución, espazos, envio de publicidade, detallar necesidades de publicidade, etc). O posto implica a incorporación á equipa de distribución da asociación, sendo a súa función principal a de colaborar nas necesidades existentes na equipa no mesmoprazo de vixencia do proxecto.

2.8. DESEÑO DE PUBLICIDADE. No proxectoindicarase o nome da persoa asociada que se responsabilizará do deseño do material de publicidade. Esta persoa debe coordinarse coa produción (para a planificación dos tempos) e coa distribución (tamén para a planificación dos tempos e para cubrir as necesidades que se indiquen), e de ser o caso, coa dirección do espectáculo se queren realizar algunhasuxerencia. Entre as tarefasmáiscomúns estarán o deseño do cartaz, programas de man, etc.

2.9. DESEÑO DE LUCES. Neste posto debe figurar alguna persoa da asociación con formación e/ou experiencia neste ámbito.

2.10. TÉCNICO/A DE LUCES. Unhapersoa asociada debe asumir a tarefa de Técnico/a de luces, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacións que xurdan coa función de manexar a equipa de iluminación e cubrir as necesidades lumínicas da obra nos diversos espazos de actuación.
  • Os postos de Técnico/a edeseñador/a de luces poden ser asumidos polamesmapersoa.
2.11. TÉCNICO/A DE SON. Unhapersoa asociada debe asumir a tarefa de T. de son, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacións que xurdan coa función de manexar a equipa de son e cubrir as necesidades sonoras da obra nos diversos espazos de actuación.
  • Este postosó será preciso no caso de existir tales necesidades sonoras. Tamén pode darse a posibilidade de que o posto o cubra outrapersoa que esté asumindooutra función (por ex. o T. de luces, produciónou o Ax. de Dirección).
3. RECURSOS MATERIAIS.
O proxecto debe incluir todos aqueles recursos materiais que serán precisos para a montaxe da obra, así como unha estimación económica dos gastos que conlevan.

3.1. ESCENOGRAFÍA. Proposta de escenografía para a montaxe e/ouunha estimación do custo da mesma.

3.2. ATREZZO. Necesidades que o texto marca de atrezzo. Cando menos, estas deberán estar recollidas, así como o seu custo estimado.

3.3. VESTIARIO. Unha estimación das necesidades de vestiario que serán precisas para o desenvolvemento da obra.

3.4. MAQUILLAXE. Unha estimación das necesidades de maquillaxe que serán precisas no desenvolvemento da obra.

3.5. OUTROS. Indicaranseaqueles recursos materiais que de antemán están marcados como imprescindibeis para abordar a montaxe da obra.

** Todos os apartados aquí recollidos serán considerados flexibeis, posto que “a posteriori” poderán estar suxeitos a cambios por necesidades de dirección. En todo caso a estimación de gastos debe ser o mais acorde cos custos finais da obra, e nunca poderá superar a aportación económica estipulada na partida para esta actividade: 2.500 €.

4. RECURSOS ECONÓMICOS.
Neste apartado recolleraseunha relación detallada de todos os custos que terá que afrontar a asociación para a posta en marcha destamontaxe, así como unha estimación dos custos que se derivarán da distribución da mesma (por exemplo: como se organizarán os traslados aos lugares de actuación, nº de coches necesarios para o traslado, se están cubertas as necesidades de traslado da escenografía, se ser a preciso o alugerdunha furgoneta, etc).
O custo total do proxecto será o número que namontaxe da obra se deba ter en conta para a distribución económica da mesma (pago da dirección de ser necesario, adquisición da escenografía, etc), sendo 2.500 € a cifra límite que non deberá ser revasada na propia montaxe.

5. PLANIFICACIÓN.
O proxecto debe incluir unha planificación temporal que recolla entre outros os seguintes aspectos:

5.1. PERIODO DE MONTAXE. Deberá estar detallado o período temporal da montaxe (por exemplo o mes de setembro), incluindo o nº de horas destinado aomesmo (ex. 4 horas diarias, 6 horas luns-mercores-venres...), horario detallado, lugar de realización (preferentemente o local da asociación), etc. O proxecto debe incluir a data prevista para a estrea, tendo en conta que o período máximo estipulado no RRI é de un ano desde a aprobación do proxecto.

5.2. DISTRIBUCIÓN. Detallar a planificación da distribución (tempos para a tarefas: publicidade, contactos cos espazos, etc).

5.3. ESTREA. Sinalar a data e lugar preferente de estrea. Posteriormente deberán iniciarse as xestións para pechar dita data e lugar. Para isto será preciso coordinarse coa equipa directiva e a equipa de distribución.

6. OUTROS DATOS.
Recoller toda aquela información que se considere relevante. Por exemplo: Público ao que esta destinado, Xénero, etc.

ANEXOS

O proxecto debe incluir o texto en galego ou traducido ao galego. Ademais, para as obras de autores/as non asociados/as hai que ter en conta, que de serelexidaa obra será imprescindible adxuntar o permiso do autor/a do texto. No caso dos/as autores/as asociados/as debe existir un compromiso de colaboración e cesión de dereitos.
En caso de optar por unha obra de teatro físico, na que non se fale e, polo tanto, carente de “texto escrito”habería que diferenciar:
  • Obra representada previamente por una compañía profesional que se presenta agora como proxecto da asociación.
    • Sería preciso aportar un documento audiovisual, p.e. dvd. Por medio do cal se poderá apreciar o tipo de obra, temática, etc e valorar a súacalidade e interese como proxecto.
    • Ao igual que sucede nos textos de autores/as non asociados/as será precisoter en conta, que de ser elexida a obra será imprescindible adxuntar o permiso do autor/a do espectáculo ou da compañía.
  • Obra de creación colectiva.
    • Cando o proxecto a presentar sexa una creación colectiva pódense ofrecer dúas alternativas:
      • A. Realizar un traballo de creación previo.
O grupo aportará un documento escrito no que se recolla:
        • Temática principal.
        • Texto creado a partir do cal se traballaránamontaxe.
        • (…)
      • B. Montaxe e creación simultáneos.
O grupo aportará un documento escrito no que se recolla:
        • Idea principal e temática a tratar.
        • Propostas de montaxe.
        • (…)
Posteriormente, no caso de saírselecionado o proxecto, o grupo deberá aportar un documento escrito no que se recolla:
        • Temática.
        • Texto creadonamontaxe.
        • (…)
Os grupos de persoas da asociación que opten por alguna destasopcións, do mesmo xeito que aqueles que optan cun proxecto de texto, deben ter moi en conta no seu proxecto os principios asociativos e o compromiso de respecto existente ante os mesmos, especialmente relevante no caso das temáticas a abordar (non racistas, sexistas, etc); a responsabilidade no cumprimentodestes aspectos recaerá especialmente naspersoas que presenten os proxectosposto que a equipa directiva ou a comisión de revisións de proxectos non terá un material escrito que explique previamente o contido da obra, senónuns documentos con xeralidades que poden serivir como marco orientativo para a supervisión. O non cumprimentodalgúnsdestes aspectos implica a devolución das aportacións económicas realizadas pola asociación así como o abandaono da actividade asociativa.
En calquera das modalidades (texto, físico, creación colectivas…), o proxecto seleccionado debe ter previsto que posteriormente terá que aportar o deseño de luces, son, etc. Sendoaconsellable a creación dunha carpeta específica con toda a documentación do espectáculo para o seu arquivo na Asociación.
PRAZOS

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ESTÁ ABERTO 1 mes.
Posteriormente ÁBRESE A SEMANA DE REVISIÓN DE PROXECTOS. DURANTE ESTE TEMPO A EQUIPA DIRECTIVA OU A COMISIÓN CREADA PARA A REVISIÓN ESTARÁN ENCARGADAS DE REVISAR OS PROXECTOS PARA VERFICIAR QUE CUMPLAN TODAS AS CONDICIÓNS DESCRITAS.

Ao rematar a semana de revisión COMUNICARASE AOS SOCIOS E SOCIAS QUE PRESENTARON PROXECTOS SE ESTÁN OU NON ADMITIDOS. ASIMESMO, ÁBRESE UN SEGUNDO PERÍODO, CUNHA DURACIÓN DE 1 semana, PARA RECTIFICACIÓN DE ERROS NO PROXECTO PRESENTADO.

Ao rematar esa semana de corrección de erros PRESENTARANSE OS PROXECTOS E QUEDARÁN A DISPOSICIÓN DOS ASOCIADOS E ASOCIADAS PARA A SÚA CONSULTA. OS PROXECTOS ESTARÁN DISPOÑIBEIS EN PAPEL NO LOCAL DA ASOCIACIÓN. ASIMESMO, ENVIARANSE POR CORREO ELECTRÓNICO A TODAS AS PERSOAS ASOCIADAS. Este período terá una duración aproximada de 1 semana-15 días, según a convocatoria de asamblea acordada para a votación e elección de proxecto.

A VOTACIÓN É PRESENCIAL. A PARTICIPACIÓN NA VOTACIÓN IMPLICA A REVISIÓN DOS DIVERSOS PROXECTOS POR PARTE DO VOTANTE.

O SISTEMA DE VOTACIÓN É O SEGUINTE:
CADA SOCIO EMITE 3 VOTOS:
- 3 PONTOS
- 2 PONTOS
- 1 PONTO

CUBRIRANSE NECESARIAMENTE OS TRES VOTOS POR PERSOA. A OBRA MÁIS VOTADA SERÁ A SELECIONADA. NO CASO DE PRODUCIRSE UN EMPATE, RESOLVERASE REPETINDO O SISTEMA DE VOTACIÓN SÓ COS TEXTOS EMPATADOS.
NO CASO DE QUE SÓ SE PRESENTE UNHA SOA OBRA Á CONVOCATORIA, A VOTACIÓN TERÁ QUE REALIZARSE IGUALMENTE, SÓ QUE NESE CASO PUNTUARASE 1-O E SERÁ PRECISO OBTER A METADE DE VOTOS + 1, PARA QUE SAIA OFICIALMENTE ELIXIDA A OBRA PROPOSTA.

O MOMENTO DA VOTACIÓN QUEDARÁ RECOLLIDO NA ORDE DO DÍA CORRESPONDENTE. NON SE ADMITIRÁN VOTOS NON PRESENCIAIS. ASIMESMO, NA ASEMBLEA ANTERIOR Á VOTACIÓN ACORDARASE O TEMPO DE INICIO DAS VOTACIÓNS, POLO QUE CHEGADO O MOMENTO A VOTACIÓN REALIZARASE A PORTA PECHADA, EVITANDO SITUACIÓNS COMPROMETIDAS E INCÓMODAS PARA TODOS E TODAS ANTE RETRASOS U OUTRAS PROBLEMÁTICAS.
TERÁN DEREITO A VOTO AS PERSOAS ASOCIADAS QUE TEÑAN CUOTAS AO DÍA E CUNHA ANTIGUEDADE MÍNIMA NA ASOCIACIÓN DE DOUS TRIMESTRES (ASPECTO REQUERIDO TAMÉN NOUTROS ÁMBITOS DA ASOCIACIÓN COMO PODEN SER OS DESCONTOS NAS ACTIVIDADES FORMATIVAS).

O PROXECTO SELECIONADO DEBE ESTREARSE NUN PRAZO MÁXIMO DUN ANO A PARTIR DA ASEMBLEA NA QUE O PROXECTO SAIA ESCOLLIDO.
O COMPROMISO DE PERMANENCIA EN CARTEL DA OBRA SERÁ DE 2 ANOS, OU CANDO MENOS ATÉ AMORTIZAR OS GASTOS.

Comentarios