Café

Directora: Iolanda Muíños.
➧ Elenco: Silvia Casal, Juanín Ares Gondell, Paula Morado, Leandro Lamas, Keke Díez e Lorena Montero.
➧ Técnico: Iván González.
Anos de duración: De 2011 ata 2013.

"Café é unha comedia que fala sobre as adiccións e a prohibición, e sobre as consecuencias que xeneran, que van desde a tolerancia ata a represión.

En Café acompañaremos a unhas personaxes que ven alteradas as súas vidas debido a unha circunstancia excepcional, a ilegalización do café.

Amanda verá como este feito aféctalle persoalmente, dun modo directo e como os efectos da prohibición van alterando a súa vida familiar e laboral."

Comentarios