Publicacións

Circuito de teatro amador 2018 e Proxecto B

Imaxe
Boas a todos! Este domingo remata o circuito galego de teatro amador organizado polo Aturuxo de Melpómene coa obra "Puto amor romántico" de Tangututanga ás 20:00 no auditorio municipal de Narón na Praza de Galicia. É unha obra dirixida por Beatriz Bravo e para maiores de 18 anos. "Contáronnos que Romeo e Xulieta morrían por amor. E iso era romántico... Que Ariel renunciaba a ser serea por poder estar cun príncipe humano. E que iso tamén era romántico... Quen dixo que somos só unha metade da laranxa e que precisamos outra metade? Que o amor pode con todo? Que o amor é monógamo e heterosexual? Que os ciumes son signo de amor? Que o amor é romántico ou non é amor? Puto amor romántico..." Agardámosvos! A entrada é de balde e daremos rifas para o sorteo de dúas entradas para un espectáculo do Pazo. O sorteo tera lugar ese mesmo domingo. Por outra parte, e isto é para os nosos socios, abrese o prazo do proxecto B (Tedes máis información na páxina do blog respect...

Proxecto B e Curtametraxe

Boas socios! Os pasamos os datos do prazo do proxecto B e a curtametraxe (Tedes máis información nas páxinas do blog respectivas). Calquera cousa podedes mandar un email e solucionaremos as vosas dudas. DATAS PASO PRAZO 06/04/18 Apertura da convocatoria (na asemblea) 4 semanas 11/05/18 (unha semana máis) Ábrese prazo para revisión de proxectos 3 días 14/05/18 Comunicación ás socias da súa admisión ou non. 14/05/18 Ábrese 2º prazo de admisión para corrección de erros no proxecto presentado. 4 días 18/05/18 Presentación de proxectos para a consulta das socias (en papel, no local) (envío ao mail) Prazo de consulta: 1 semana 25/05/18 Votación e elección do proxecto

Estrea Algo pasa con Paco

Imaxe
Boas a todos! O Venres 13 de Abril as 20:30 será a estrea de "Algo Pasa con Paco" no Auditorio de Narón. Esta nova obra do Aturuxo, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño fala sobre as aventuras de Paco. "Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores." Agardámosvos!

A corral poliafónica do Aturuxo de Melpómene

Imaxe
Os deixamos co cartel do coro do Aturuxo: A corral poliafónica. Non vos perdades as actuaciones deste ano! 

Aberto o prazo de entrega do Proxecto A

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese a convocatoria de proxectos para o Proxecto A da asociación para o ano 2018. Poderanse presentar ata a seguinte asamblea que sera neste mes. Esperamos os vosos proxectos!

XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Imaxe
Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego). O Aturuxo estará con Misterios o mércores 1 as 19.00 no Teatro Principal. Misterios:  "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro.  Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos."

Actuación do coro na EOI

Imaxe
Boas a tod@s! Hoxe, as 20:00, estaremos na EOI Ferrol cunha actuación do noso coro "GRAN CORRAL POLIAFÓNICA DO ATURUXO DE MELPÓMENE". Tamén estará a compañía de teatro Muíño do Vento que representará a obra “O PENÚLTIMO TREN” de José Prieto. Todo isto no salón de actos da EOI. Os esperamos! 

II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Imaxe
Boas a todos! Os deixamos o cartaz da II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo onde estaremos con Terapia de Bar o día 6, este venres, as 21:00. O prezo da entrada son 2 euros e sera no auditorio de rianxo. 

Cambios na web

Imaxe
Actualizámonos! Si, como podeis ver na web, fixemos un lavado de fronte para que todo este máis bonito e ordenado. Non dudeis en botar un ollo a todo e comentar que vos parece todo. Por outra banda, agora temos instagram e canle de youtube. O primeiro o usaremos para subir curiosidades e o segundo, obviamente, para subir e organizar os vídeos dás obras e proxectos que fixemos. Aqui seguiremos subindo toda a información importante mentres que en facebook usarémolo para información cotiá e resolver algunha que outra dúbida. Vivimos nunha sociedade na que nas redes son moi importantes e nos non podiamos ser menos. Nada máis, polo menos demomento. Iso si, ou 6 de Outubro temos bolo de Terapia do Bar en Rianxo así que non dudedes ir e informarvos dos próximos bolos na páxina correspondente para ver máis. O Aturuxo de Melpómene.

Circuíto Galego de Teatro Amador en Narón

Imaxe
Vamos celebrar un circuíto de teatro no Auditorio municipal de Narón no mes de setembro .  As actuación serán sempre de balde e as 20:00 horas .  A  programación do ciclo é a seguinte: Domingo, 10 de setembro: Andaravía Teatro coa obra "Maniféstate" (Todos os públicos)  Domingo, 17 de setembro: Axóuxere Teatro coa obra "A túa ternura, Melotov" (Público adulto) Domingo, 24 de setembro: Teatrino coa obra "Os carniceiros" (Público adulto) Domingo, 1 de outubro: Paso de Valverde coa obra "Ás portas" (Maiores de 12 anos)