XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego).

O Aturuxo estará con Misterios o mércores 1 as 19.00 no Teatro Principal.


Misterios: 

"É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro.

 Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos."




Comentarios