En Cartel




Dirixida por Cristina Mariño
Escrita por Alejandro Martín
Protagonizada por Adelaida Abad, Carmen Caeiro, Chani Hernandez, Alejandro Martín, Frankie Muíño e Beni Suaréz
Dende 2018...

Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre él, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio.

Maxia, enredos, e entortos vánse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.






Comentarios