Pois caeu unha choiva de premios!!!

Pois si teatreir@s, temos boas novas e é que non só temos unha obra en cartel premiada, senón que tres dos seus compoñentes tamén foron premiados!!! 

Silvia Casal 

Premio Lugrís Freire a mellor actriz na XVI Mostra de teatro afeccionado de Sada.

Yolanda Lozano 

Premio a mellor actriz de reparto no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros.

Xoán Padín 

Premio ao mellor actor de reparto no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros.

A pena do cu do mundo

Segundo premio a mellor obra no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros.

Dende aquí parabéns aos agasallados e por extensión a tódolos compañeiros de Carrachanacacha porque o traballo conxunto de toda a equipa fai posibles estes recoñecementos individuais e colectivos.





Comentarios