Publicacións

Andaremos por Canido!!!

Imaxe
  O sábado 26 de novembro andará a xentiña de Carrachanacacha por Canido no Centro Cívico as 20h coa obra "A pena do cu do mundo". Non o perdades!!!

Pois caeu unha choiva de premios!!!

Imaxe
Pois si teatreir@s, temos boas novas e é que non só temos unha obra en cartel premiada, senón que tres dos seus compoñentes tamén foron premiados!!!  Silvia Casal   Premio Lugrís Freire a mellor actriz na XVI Mostra de teatro afeccionado de Sada. Yolanda Lozano  Premio a mellor actriz de reparto no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros. Xoán Padín  Premio ao mellor actor de reparto no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros. A pena do cu do mundo Segundo premio a mellor obra no I certame de teatro amador "Convida no rural" do Concello de Barreiros. Dende aquí parabéns aos agasallados e por extensión a tódolos compañeiros de Carrachanacacha porque o traballo conxunto de toda a equipa fai posibles estes recoñecementos individuais e colectivos.

Andaremos por Nigrán!!

Imaxe
 O sábado 29 de outubro andará a xentiña de  Carrachanacacha por Nigrán no auditorio municipal as 20h ca obra "A pena do cu do mundo". Non o perdades!!! Vémonos polos escenarios!!!

Visualización da obra "A Pena do cu do mundo"

Imaxe
 

A pena do cu do mundo. Temos nova obra!!!

Imaxe
Un dos colectivos estables ou transitorios que forman parte da asociación, neste caso as compañeiras de Carrachanacacha, coñecido por obras como: Comendo pimentos de Padrón con Tarantino . C ipriano de Bequelar, história de amor e morte. Gheidi, só para adultos. Apresenta o seu novo espectáculo, está vez trátase dunha comedia musical, si, si, líchedes ben, unha COMEDIA MUSICAL na que unha peculiar familia que habita unha aldea no cu do mundo ve alterada a harmonía das súas vidas ao encontrarse entre a ameaza da nova concelleira que proxecta construír un parque temático sobre a aldea e o asentamento dunha tribu okupa que anda á procura da utopía desde a súa posición revolucionaria. Nesta ocasión, a proposta vai un pouco mais aló do normal, propoñendo ademáis de unha divertida obra teatral un subxénero musical, a ZORZUELA GALEGA, un subxénero que de seguro non vai a deixar a ninguén indiferente. Para máis información sobre a obra pódese consultar a ficha desta na web de FEGATEA na segui...

Aberto o prazo de entrega do Proxecto A

Bo día socias e socios! Na última asamblea abriuse o prazo do Proxecto A. Tedes nesta ligazón os datos que tedes que presentar para que o proxecto sea valido, o cal tense que presentar antes da seguinte asamblea. Moita sorte e, sobretodo, moito teatro!

XI TEATRO AMADOR EN PEDROSO

Imaxe
O 17 de maio, as 19:00 horas, o grupo de teatro A Pombiña representará "Defectos de Fabrica" no inicio da XI mostra de teatro amador en Pedroso, no local social da Pombiña. A obra esta dirixida e escrita por Betty Couce. A entrada e de balde. Despois do espectáculo actuaran As canteiras do val. As actuacións continuaran o 26 ata mediados de Xunio. Non volo perdades! AgardÁmosvos!

Entroido 2019

Imaxe
O Aturuxo de Melpómene formo parte do entroido deste ano co grupo "Os Mangurriás". Os deixamos un par de fotos:

Subvención da deputación

Imaxe
Bo día! Facemos este  post  para dar grazas a Deputación da Coruña pola súa subvención pra distribución de espectáculos (transporte) e para formación.

Subvención do concello

Imaxe
Bo día! Facemos este post para dar grazas ao Concello de Narón pola súa subvención á montaxe do ano pasado, Algo pasa con Paco, e ao clube de lectura.

X mostra de teatro amador no Couto e Proxecto A

Imaxe
Empeza a X mostra de teatro amador na parroquia do Couto. As actuacións serán ás 18:30 no local social do couto. Este domingo temos a actuación de "...Suspendemos?" de Teatro do Asteleiro. Agardámosvos! Por outra parte, abrese o prazo do proxecto A para os socios. Quen quera participar ten este mes para facer o proxecto e presentalo na seguinte asamblea.

Circuito de teatro amador 2018 e Proxecto B

Imaxe
Boas a todos! Este domingo remata o circuito galego de teatro amador organizado polo Aturuxo de Melpómene coa obra "Puto amor romántico" de Tangututanga ás 20:00 no auditorio municipal de Narón na Praza de Galicia. É unha obra dirixida por Beatriz Bravo e para maiores de 18 anos. "Contáronnos que Romeo e Xulieta morrían por amor. E iso era romántico... Que Ariel renunciaba a ser serea por poder estar cun príncipe humano. E que iso tamén era romántico... Quen dixo que somos só unha metade da laranxa e que precisamos outra metade? Que o amor pode con todo? Que o amor é monógamo e heterosexual? Que os ciumes son signo de amor? Que o amor é romántico ou non é amor? Puto amor romántico..." Agardámosvos! A entrada é de balde e daremos rifas para o sorteo de dúas entradas para un espectáculo do Pazo. O sorteo tera lugar ese mesmo domingo. Por outra parte, e isto é para os nosos socios, abrese o prazo do proxecto B (Tedes máis información na páxina do blog respect...

Proxecto B e Curtametraxe

Boas socios! Os pasamos os datos do prazo do proxecto B e a curtametraxe (Tedes máis información nas páxinas do blog respectivas). Calquera cousa podedes mandar un email e solucionaremos as vosas dudas. DATAS PASO PRAZO 06/04/18 Apertura da convocatoria (na asemblea) 4 semanas 11/05/18 (unha semana máis) Ábrese prazo para revisión de proxectos 3 días 14/05/18 Comunicación ás socias da súa admisión ou non. 14/05/18 Ábrese 2º prazo de admisión para corrección de erros no proxecto presentado. 4 días 18/05/18 Presentación de proxectos para a consulta das socias (en papel, no local) (envío ao mail) Prazo de consulta: 1 semana 25/05/18 Votación e elección do proxecto

Estrea Algo pasa con Paco

Imaxe
Boas a todos! O Venres 13 de Abril as 20:30 será a estrea de "Algo Pasa con Paco" no Auditorio de Narón. Esta nova obra do Aturuxo, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño fala sobre as aventuras de Paco. "Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores." Agardámosvos!

A corral poliafónica do Aturuxo de Melpómene

Imaxe
Os deixamos co cartel do coro do Aturuxo: A corral poliafónica. Non vos perdades as actuaciones deste ano! 

Aberto o prazo de entrega do Proxecto A

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese a convocatoria de proxectos para o Proxecto A da asociación para o ano 2018. Poderanse presentar ata a seguinte asamblea que sera neste mes. Esperamos os vosos proxectos!

XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Imaxe
Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego). O Aturuxo estará con Misterios o mércores 1 as 19.00 no Teatro Principal. Misterios:  "É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro.  Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos."

Actuación do coro na EOI

Imaxe
Boas a tod@s! Hoxe, as 20:00, estaremos na EOI Ferrol cunha actuación do noso coro "GRAN CORRAL POLIAFÓNICA DO ATURUXO DE MELPÓMENE". Tamén estará a compañía de teatro Muíño do Vento que representará a obra “O PENÚLTIMO TREN” de José Prieto. Todo isto no salón de actos da EOI. Os esperamos! 

II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Imaxe
Boas a todos! Os deixamos o cartaz da II Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo onde estaremos con Terapia de Bar o día 6, este venres, as 21:00. O prezo da entrada son 2 euros e sera no auditorio de rianxo. 

Cambios na web

Imaxe
Actualizámonos! Si, como podeis ver na web, fixemos un lavado de fronte para que todo este máis bonito e ordenado. Non dudeis en botar un ollo a todo e comentar que vos parece todo. Por outra banda, agora temos instagram e canle de youtube. O primeiro o usaremos para subir curiosidades e o segundo, obviamente, para subir e organizar os vídeos dás obras e proxectos que fixemos. Aqui seguiremos subindo toda a información importante mentres que en facebook usarémolo para información cotiá e resolver algunha que outra dúbida. Vivimos nunha sociedade na que nas redes son moi importantes e nos non podiamos ser menos. Nada máis, polo menos demomento. Iso si, ou 6 de Outubro temos bolo de Terapia do Bar en Rianxo así que non dudedes ir e informarvos dos próximos bolos na páxina correspondente para ver máis. O Aturuxo de Melpómene.