Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

CONVOCATORIA DE PROXECTOS TEATRAIS PARA O 2012

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para o próximo ano 2012. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa debe ter experiencia "profesional" na dirección de espectáculos teatrais, promovendo unha calidade e rigor na montaxe e dirección da obra. No proxecto debe estar incluído o seu cache. Dado que o proxec

Preguntas sobre o meu pai

Imaxe
➧ Directora: Silvia Romaus. ➧ Elenco: Chús Prieto, Óscar Rodríguez e Iván González. ➧ Técnicas: Ana Loredo e Silvia Romaus. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013. "Ano 1937 a Guerra civil leva un ano dende o seu comezo. Nunha aldea de Lugo vive Mario, un rapaz de 13 anos que acaba de perder ó seu pai. Mario quere saber que foi o que lle pasou ó seu pai e porque morreu. A súa nai María, cérrase en banda e négase a contarlle nada. Don Xavier o mestre do pobo e íntimo amigo da familia atópase no medio de Mario e de María. Don Xavier quere contarlle toda a verdade a Mario, pero sabe que non pode traicionar a palabra que lle deu a María de manter silencio..."

ESTREA: Devanceiro Teatro

Imaxe
O grupo "Devanceiro Teatro" da asociación "O aturuxo de Melpómene" estreará o próximo 30 de outubro, no auditorio Municipal de Narón: Preguntas sobre meu pai.

2ª convocatoria para grupos teatrais da asociación

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Tal e como foi aprobado na asemblea do 07 de outubro de 2011, queda aberto o prazo de presentacion de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a segunda convocatoria, e polo tanto a correspondente ao segundo semestre do 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbito pr

Café

Imaxe
➧ Directora: Iolanda Muíños. ➧  Elenco: Silvia Casal, Juanín Ares Gondell, Paula Morado, Leandro Lamas, Keke Díez e Lorena Montero. ➧  Técnico: Iván González. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013. "Café é unha comedia que fala sobre as adiccións e a prohibición, e sobre as consecuencias que xeneran, que van desde a tolerancia ata a represión. En Café acompañaremos a unhas personaxes que ven alteradas as súas vidas debido a unha circunstancia excepcional, a ilegalización do café. Amanda verá como este feito aféctalle persoalmente, dun modo directo e como os efectos da prohibición van alterando a súa vida familiar e laboral."

ESTREA

Imaxe
"O aturuxo de Melpómene" estrea o próximo domingo, 18 de setembro, Café. Será ás 20.00 hs no Auditorio Municipal de Narón. Non faltedes!

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A CURTAMETRAXE!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurd

Estrea de "Gheidi, só para adultos" no Auditorio Municipal de Narón

Imaxe
O 06 de maio de 2011.

Gheidi, só para adultos

Imaxe
➧ Director: Leandro Lamas. ➧ Elenco: Suso Barro, María Veiga, Lorena Montero, Celia González, Gena Hernández e Felipe Carballido. ➧ Técnicos: Iván González e Leandro Lamas. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013 "Gheidi é a história de umha nena abandonada, de um avó narcotraficante, de um cam infiel, de um neno escravizado que quere ser funcionario, de umha nena que quere umha médula espinal e umha velha fascista que conspira na penumbra..."

Curso de canto

Imaxe
Algunhas imaxes do curso... lástima que non se poidan escoitar as nosas voces coreadas cual jilguerillos!

Convocatoria de proxectos para obras de grupos teatrais da asociación:

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a primeira convocatoria, correspondente ao primeiro semestre do 2011. Haberá unha segunda convocatoria dentro do presente ano. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbito profesional. No caso de pe

Proxecto seleccionado para o ano 2011

Imaxe
CAFÉ