Preguntas sobre o meu pai

Directora: Silvia Romaus.
➧ Elenco: Chús Prieto, Óscar Rodríguez e Iván González.
Técnicas: Ana Loredo e Silvia Romaus.
Anos de duración: De 2011 ata 2013.

"Ano 1937 a Guerra civil leva un ano dende o seu comezo.

Nunha aldea de Lugo vive Mario, un rapaz de 13 anos que acaba de perder ó seu pai. Mario quere saber que foi o que lle pasou ó seu pai e porque morreu. A súa nai María, cérrase en banda e négase a contarlle nada. Don Xavier o mestre do pobo e íntimo amigo da familia atópase no medio de Mario e de María. Don Xavier quere contarlle toda a verdade a Mario, pero sabe que non pode traicionar a palabra que lle deu a María de manter silencio..."



Comentarios