ABERTA A CONVOCATORIA PARA A CURTAMETRAXE!
A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2011.
A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto:
1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo.
O guión deberá estar escrito en lingua galega.
Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora).
A duración non será superior aos 15'.
2. RECURSOS HUMANOS.
* TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA.
2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurdan do proxecto).
2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa poderá ser un/unha asociado/a ou ben un/unha profesional. En calquera caso deberá promoverse a calidade e rigor no traballo a desenvolver. No caso de optar pola dirección profesional, no proxecto deberá incluirse o seu custo. Dado que o proxecto non estará aprobado ate que sexa escollido pola asemblea, o contacto coa persoa debe ser meramente informativo e non un acordo formal.
2.3. AXUDANTE DE DIRECCIÓN. O proxecto incluirá unha persoa asociada que ocupará o posto de axudante de dirección sendo a responsable das tarefas que isto implica (estar presente durante a gravación e colaborar co director/a nas diversas actividades que se acorden).
2.4. PRODUCIÓN. Incluirase como mínimo a dúas persoas da asociación responsables da produción do espectáculo, que deberán coordinar e xestionar as tarefas que engloba este posto (xestión de recursos económicos acorde ao proxecto presentado, adquisición de recursos materiais, planificación de tempos, petición de permisos etc).
2.5. DISTRIBUCIÓN. No proxecto incluirase a unha persoa asociada para levar a distribución da curtametraxe. Este posto implica a planificación da distribución do curtametraxe(cando se vai realizar cada paso, quen se fai reponsable, etc) e a xestión e difusión da mesma ("estrea", contactos de distribución, espazos, presentación a concursos, envio de publicidade, etc).
2.7. AXUDANTE DE DISTRIBUCIÓN. Será a persoa encargada de colaborar co distribuidor/a do espectáculo, tanto na súa planificación como na súa execución (contactar cos espazos, enviar a publicidade, etc). Este posto non é imprescindible. Só se incluirá se hai persoas interesadas en asumilo.
2.8. DESEÑO DE PUBLICIDADE. No proxecto indicarase o nome da persoa asociada que se responsabilizará do deseño do material de publicidade. Esta persoa debe coordinarse coa produción (para a planificación dos tempos) e coa distribución (tamén para a planificación dos tempos e para cubrir as necesidades que se indiquen), e de ser o caso, coa dirección do espectáculo se queren realizar algunha suxerencia. A tarefa principal será o deseño da "carátula", pero poderán xurdir necesidades derivadas da distribución da curta.
2.9. AXUDANTE DE SON. Neste posto debe figurar unha persoa da asociación para axudar no manexo dos materias de son e as necesidades sonoras durante a gravación. Esta persoa deberá colaborar coa equipa profesional encargada da parte técnica da curtametraxe.
2.10. AXUDANTE DE ILUMINACIÓN. Unha persoa asociada debe asumir esta tarefa, coa fin de colaborar coa equipa profesional para cubrir as necesidades de iluminación durante o período de gravación.
2.11. RESPONSABLES DE CATTERING. O proxecto deberá incluir unha equipa de persoas (un mínimo de dúas) que estarán encargadas de xestionar e cubrir as necesidades de alimentos e bebidas que poidan xurdir durante a gravación.
3. RECURSOS MATERIAIS.
O proxecto debe incluir todos aqueles recursos materiais que serán precisos para a gravación da curtametraxe, así como unha estimación económica dos gastos que conlevan.
3.1. ESPAZOS. O proxecto incluirá unha breve exposición dos espazos nos que se desenrolará a gravación; indicando a necesidade de obter permisos se é o caso.
3.2. ATREZZO. Necesidades que o guión estipula de atrezzo. Así como o seu custo estimado.
3.3. VESTIARIO. Unha breve descrición das necesidades de vestiario. Así como o seu custo estimado.
3.4. MAQUILLAXE. Unha estimación das necesidades de maquillaxe que serán precisas.Así como o seu custo estimado.
3.5. CATTERING. O proxecto debe recoller se será preciso dispor de cattering e persoas responsables do mesmo durante a gravación (p.e. no caso de realizar a gravación ao longo dun día). No caso de que así sexa deerá recollerse o custo estimado.
3.6. OUTROS. Indicaranse aqueles recursos materiais que de antemán están marcados como imprescindibeis para abordar a gravación da curtametraxe, así como a montaxe e distribución da mesma.
** Todos os apartados aquí recollidos serán considerados flexibeis, posto que “a posteriori” poderán estar suxeitos a cambios por necesidades de dirección. En todo caso a estimación de gastos debe ser o mais acorde cos custos finais da obra.
4. RECURSOS ECONÓMICOS.
Neste apartado recollerase unha relación detallada de todos os custos que terá que afrontar a asociación para a realización do proxecto, así como unha estimación dos custos que se derivarán da distribución do mesmo.
O custo total do proxecto nunca será superior a 3.000 €.
5. PLANIFICACIÓN.
O proxecto debe incluir unha planificación temporal que recolla entre outros os seguintes aspectos:
5.1. PERIODO DE GRAVACIÓN. Deberá estar detallado o período temporal da gravación(por exemplo o mes de novembro), incluindo o nº de horas destinado ao mesmo (ex. 4 horas diarias, 6 horas luns-mercores-venres...), horario detallado, lugares de realización, te3mpo destinado á montaxe e edición da curtametraxe, etc.
5.2. DISTRIBUCIÓN. Indicar a planificación da distribución (tempos para a tarefas: publicidade, concursos, etc). NA PUBLICIDADE DEBERÁ TERSE EN CONTA A SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A REALIZACIÓN DA CURTAMETRAXE, FACENDO CONSTAR OS ANAGRAMAS QUE SE ESIXAN, ASÍ COMO O ANAGRAMA DA ASOCIACIÓN.
5.3. ESTREA-EXHIBICIÓN. Sinalar a data e lugar preferente da exhibición da curtametraxe. Posteriormente deberán iniciarse as xestións para pechar dita data e lugar.
* A CURTAMETRAXE DEBERÁ ESTAR REMATADA ANTES DE FINALIZAR O 2011.
6. OUTROS DATOS.
Recoller toda aquela información que se considere relevante. Por exemplo: Público ao que esta destinado.
ANEXOS
O proxecto debe incluir o guión en galego ou traducido ao galego.
Tamén será imprescindible adxuntar o cesión de dereitos do autor/a, no caso de non ser un guión orixinal.
PRAZOS
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ESTARÁ ABERTO DESDE O DÍA 03 DE SETEMBRO DE 2011ATE O 07 DE OUTUBRO DE 2011.
O DÍA 07 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE 3 DÍAS DE REVISIÓN DE PROXECTOS. DURANTE ESTE TEMPO A EQUIPA DIRECTIVA OU A COMISIÓN CREADA PARA A REVISIÓN ESTARÁN ENCARGADAS DE REVISAR OS PROXECTOS PARA VERFICIAR QUE CUMPLAN TODAS AS CONDICIÓNS DESCRITAS.
O DÍA 10 DE OUTUBRO COMUNICARASE AOS SOCIOS E SOCIAS QUE PRESENTARON PROXECTOS SE ESTÁN OU NON ADMITIDOS. ASIMESMO, ÁBRESE UN SEGUNDO PERÍODO DE ADMISIÓN, CUNHA DURACIÓN DE 4 DÍAS PARA RECTIFICACIÓN DE ERROS NO PROXECTO PRESENTADO.
O DÍA 17 DE OUTUBRO PRESENTARANSE OS PROXECTOS E QUEDARÁN A DISPOSICIÓN DOS ASOCIADOS E ASOCIADAS PARA A SÚA CONSULTA. OS PROXECTOS ESTARÁN DISPOÑIBEIS EN PAPEL NO LOCAL DA ASOCIACIÓN. ASIMESMO, ENVIARANSE POR CORREO ELECTRÓNICO A TODAS AS PERSOAS ASOCIADAS. O PRAZO DE CONSULTA DURARÁ 1 SEMANA.
O 21 DE OUTUBRO, OU NA DATA PRÓXIMA ACORDADA PARA A ASEMBLEA LEVARASE A CABO A VOTACIÓN E ELECIÓN DO PROXECTO.
A VOTACIÓN É PRESENCIAL. A PARTICIPACIÓN NA VOTACIÓN IMPLICA A REVISIÓN DOS DIVERSOS PROXECTOS POR PARTE DO VOTANTE.
O SISTEMA DE VOTACIÓN É O SEGUINTE:
CADA SOCIO EMITE 3 VOTOS:
- 3 PONTOS
- 2 PONTOS
- 1 PONTO
CUBRIRANSE NECESARIAMENTE OS TRES VOTOS POR PERSOA. A PROPOSTA MÁIS VOTADA SERÁ A SELECCIONADA. NO CASO DE PRODUCIRSE UN EMPATE, RESOLVERASE REPETINDO O SISTEMA DE VOTACIÓN SÓ COS PROXECTOS EMPATADOS.
O PROXECTO SELECCIONADO DEBE LEVARSE A CABO DURANTE O ANO 2011.
ANIMADEVOS A PARTICIPAR!
Se tedes algunha dúbida podedes contactar coa equipa directiva.

Comentarios