Publicacións

En Malpica

Mañá 13 de Decembro estaremos as Carrachas en Malpica con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte) as 20.00hrs

En Santiago

Imaxe
Mañá estaremos con "Desencaixados (Esperpéntica Crise) en Santiago de Compostela no Salón Teatro as 21.00 hrs logo de ser seleccionados no Agustín Magán 2014 e estamos de estrea de Trailer.

En San Xiao e San Sadurniño

Mañá Domingo 30 de Novembro teremos doble sesión de Aturuxo de Melpómene. Por un lado estaremos con "Desencaixados ( Esperpéntica Crise )" en San Xiao as 19.00hrs E por outro estaremos con "Cipriano de Bequelar ( Historia de amor e morte ) en San Sadurniño as 19.00hrs Ven de SanSan co Aturuxo.

En Cedeira

Imaxe
Mañá estaremos no Auditorio Municipal de Cedeira as 20.00hrs con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)"

En Tafalla

En algo mais de 48 horas estaremos actuando por segunda vez en Tafalla, esta vez con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).... http://teatroamateurnavarra.blogspot.com.es/2014/11/tafalla-apertura-tercer-sector.html

En O Barco

Hoxe 1 de Novembro as 21.00hrs estaremos con "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)" en O Barco de Valdeorras na que será a primeira función na que o noso director Leandro Lamas pasa para o escenario. Que papel interpretará ?

Despedida Pimentos

Imaxe
O Domingo 26 as 20.00h terá lugar a última función de "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino" a derradeira oportunidade de ver a obra das sesenta e pico funcións, comezada polo 2009. Nada volverá a ser coma antes cando se peche...

Apertura Proxecto A

Na última asamblea aprobouse a apertura do Proxecto A que comeza o día 20 de Outubro e remata o día 21 de Novembro. Para ver todo o necesario no proxecto está a pestana Proxecto A con toda a información a redactar.

"Desencaixados" ( Esperpéntica crise )

Imaxe
➧   Director: Pablo Sánchez (Pablísimo). ➧  Elenco: Juanín Ares Gondell, Iván González (Chús Prieto), María Veiga, Agustín Bolaños (Dani Díaz), Óscar Manso e Tere Rúa. ➧  Técnicos: Jose Manuel Felpeto e María López. ➧  Anos de duración: De 2015 ata 2015. "Desencaixados" ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade… Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual."

Estrea Desencaixados

Imaxe
  Desencaixados ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade… Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual. Elenco – Juanin Ares Gondell , Iván González , María Veiga , Agustín Bolaños , Óscar Manso , Tere Rúa Dirección – Pablo Sánchez ( Pablísimo ) Axudante Dirección - Chús Prieto Deseño Gráfico e de Iluminación – Quique Vázquez Técnicos de Iluminación e Son – Jose Manuel Felpeto e Ana Loredo Boneco e seu Atrezo – Viravai Arranxos de Vestiario – Gena Hernández e Yoli Lozano Arranxos de Son – Iván González Producción – María Veig...