"Desencaixados" ( Esperpéntica crise )


 Director: Pablo Sánchez (Pablísimo).
 Elenco: Juanín Ares Gondell, Iván González (Chús Prieto), María Veiga, Agustín Bolaños (Dani Díaz), Óscar Manso e Tere Rúa.
➧ Técnicos: Jose Manuel Felpeto e María López.
➧ Anos de duración: De 2015 ata 2015.

"Desencaixados" ( Esperpéntica crise ) é un espectáculo traxicómico , de creación colectiva , que reflexiona sobre a crise… solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución.

Na posta en escena utilizamos materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… e os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade…
Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual."

Comentarios