Publicacións

Café

Imaxe
➧ Directora: Iolanda Muíños. ➧  Elenco: Silvia Casal, Juanín Ares Gondell, Paula Morado, Leandro Lamas, Keke Díez e Lorena Montero. ➧  Técnico: Iván González. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013. "Café é unha comedia que fala sobre as adiccións e a prohibición, e sobre as consecuencias que xeneran, que van desde a tolerancia ata a represión. En Café acompañaremos a unhas personaxes que ven alteradas as súas vidas debido a unha circunstancia excepcional, a ilegalización do café. Amanda verá como este feito aféctalle persoalmente, dun modo directo e como os efectos da prohibición van alterando a súa vida familiar e laboral."

ESTREA

Imaxe
"O aturuxo de Melpómene" estrea o próximo domingo, 18 de setembro, Café. Será ás 20.00 hs no Auditorio Municipal de Narón. Non faltedes!

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A CURTAMETRAXE!

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación para o ano 2011. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurd...

Estrea de "Gheidi, só para adultos" no Auditorio Municipal de Narón

Imaxe
O 06 de maio de 2011.

Gheidi, só para adultos

Imaxe
➧ Director: Leandro Lamas. ➧ Elenco: Suso Barro, María Veiga, Lorena Montero, Celia González, Gena Hernández e Felipe Carballido. ➧ Técnicos: Iván González e Leandro Lamas. ➧ Anos de duración: De 2011 ata 2013 "Gheidi é a história de umha nena abandonada, de um avó narcotraficante, de um cam infiel, de um neno escravizado que quere ser funcionario, de umha nena que quere umha médula espinal e umha velha fascista que conspira na penumbra..."

Curso de canto

Imaxe
Algunhas imaxes do curso... lástima que non se poidan escoitar as nosas voces coreadas cual jilguerillos!

Convocatoria de proxectos para obras de grupos teatrais da asociación:

A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o prazo de presentacion de proxectos teatrais para grupos teatrais pertencentes á asociación. Esta é a primeira convocatoria, correspondente ao primeiro semestre do 2011. Haberá unha segunda convocatoria dentro do presente ano. A continuación detallamos os diversos pontos que debe incluír o proxecto: 1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo. 2. RECURSOS HUMANOS. 2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma. 2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbito profesional. No caso de pe...

Proxecto seleccionado para o ano 2011

Imaxe
CAFÉ

PROXECTOS CANDIDATOS Á MONTAXE DO PRÓXIMO ANO 2011.

Este é o listado de proxectos candidatos á montaxe do próximo 2011. Preparádevos para ler e meditar o voso voto. Lembrade que as votacións serán na asemblea de decembro! * "Unha gata encima dun tellado de cinz quente". * "Bailando en verán". * "As cárceres do esquenzo". * "A Biblia (abreviada)". * "Café". * "Panorama desde a ponte". * "A ratoeira". Temos onde escoller! Moito ánimo e parabéns as persoas que presentaron os proxectos!

Curso de Interpretación de verso

Impartido por Flor Maceiras e Lino Braxe. Lugar: Local da asociación. Datas: Novembro: 19, 22, 26 e 29. Decembro: 03, 10, 13, 17, 20 e 23. Sesións de 3 hs. Aberto o prazo de matrícula. Prezo: 50 euros socios/as. 100 euros non socios/as. Contactade con Lorena ou María. Ou ben remitide o voso correo ao enderezo electrónico da asociación.