Publicacións

Videoclip Caxade

Imaxe
Aínda foi nada pero xa estamos ansiosos por ver o resultado da participación no novo videoclip de CAXADE que sairá sobre a primaveira e no que participaron algúns dos nosos socios. Un tema escrito por Sechu Sende "E isto é o amor" e grabado por Javier Antelo, e dirixido "artisticamente" polo noso Leandro Lamas. Terá de todo un pouco incluso un momento "verbena". Esperamos o resultado e damos grazas por poder participar nel.... Mil grazas!!

Proximamente...

Apartir do mes que ven comezaremos a traballar con Paula Carballeira cun texto infantil seu. Coa intención de que se converta logo nun novo espectáculo da asociación. Seguiremos informando...

Curso Evaristo Calvo

E para a semana que ven recibiremos un curso do gran Evaristo Calvo na nosa asociación de O Aturuxo de Melpómene, veña que xa non queda nada...

Peche Desencaixados

Imaxe
Logo de moitas voltas e mais voltas temos que anunciar o peche da nosa obra Desencaixados (Esperpéntica Crise). Foi un proxecto fermoso e creado da nada, en definitiva algo diferente o que fixeramos na asociación ate ese momento. Dar grazas a tod@s e cada un d@s que foron participes neste proxecto sexa cal sexa a maneira. Nesta andaina conseguimos nun ano e pico uns trinta e algo bolos e fumos o Magán, Palencia, Toledo e ata nos deron dous premios a mellor actriz.....e en definitiva fixemos o que nos gusta e nos fai felices que e facer Teatro e rodeados das mellores das compañias. Mil grazas e vémonos nos teatros!!

Nova Montaxe 2016

Ainda quedan meses e meses por diante pero xa podemos anunciar que a nosa próxima montaxe será unha creación colectiva dirixida por Jose Prieto.

Todo remata

Chegou o día e hoxe remata a aventura de "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).  Vinde vernos e acompáñanos neste día especial...

Pechamos Cipriano

Imaxe
Lembra que este Domingo 27 as 19.00h pecha o telón así que xa sabes, ven ver "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)"...non terás outra oportunidade...

Novidades

Logo do curso de Preparación do Casting con Sandra Montes encaramos este final de ano cun día marcado no calendario. O 27 de Decembro no Auditorio de Narón (Última función) "Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)". Se aínda non a viches ou queres repetir esta e a derradeira oportunidade.

En Boiro

Este Venres 27 de Novembro estaremos en Boiro as 21.00h no auditorio da casa de cultura Ramon Martinez Lopez con "Desencaixados (Esperpentica Crise) " no que será o último bolo de este ano de Desencaixados,  para o ano mais.

En Oroso e Carral

Imaxe
Voltamos outra fin de semana mais con "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" , estaremos o Venres 20 en Oroso e o Sábado 21 en Carral.