Publicacións

CICLO TEATRAL DOMINGOS DE MELPÓMENE

Por segundo ano consecutivo, a asociación organiza en colaboración con FEGATEA e o Concello de Narón o ciclo de teatro afeccionado "Domingos de Melpómene". Este ano contaremos cos seguintes grupos: * O 12 de setembro CARFAX. * O 19 de setembro TEN. Narón. * O 26 de setembro VALADARES. * O 03 de outubro O TRASNO NOVO TEATRO. * O 10 de outubro O ATURUXO DE MELPÓMENE. ESTREA.

Hoxe comeza a montaxe de "O método"

Hoxe comenzamos a montaxe da nova obra da asociación "O método". Elenco: - Paula Morado - Felipe Carballido - Keke Díez - Quique Vázquez Dirección: Jose Prieto Axd.Lorena Montero Produción: Celia González Iluminación: Silvia Romaus e Ana Loredo Escenografía: Leandro Lamas Distribución: Yoli Lozano

Curso de Interpretación ante a cámara

O curso estará impartido por Iolanda Muíños e contamos coa colaboración do cámara Xose Cruz. Celébrarase de luns a venres en horario de mañá, de 09.30 a 13.30. O ponto de encontro é o Auditorio de Narón, pero realizaremos gravacións en diversos lugares da comarca. O custo da actividade será de: 120 € soci@s 150 € non soci@s. Ao curso poden acceder todas as persoas que participaron no anterior curso de cámara ou no de interpretación teatral impartido por Iolanda Muíños na nosa asociación. Se houbera algunha persoa asociada que estivese interesada en participar e non formase parte dalgún dos cursos, debe contactar con Lorena.

II Festival: Actividades Formativas.

Imaxe

II Festival de Teatro Afecionado "Roberto Vidal Bolaño"

Xa chega o verán, e con el o II festival de teatro afecionado organizado pola Asociación en colaboración co Padroado de Cultura de Narón. O festival desenrolarase do 05 ao 11 de xullo no Auditorio Municipal de Narón. No mesmo desenvolveranse actividades formativas e actuacións teatrais. Máis información en breve...

Asociad@s

Imaxe
O próximo día 24 de abril, no Auditorio Municipal de Narón, non deixedes de asistir á estrea dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro e da nosa Asociación: Teterella Teatro.

María Veiga faise co premio á Mellor actriz na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada

Imaxe
PARABÉNS Á NOSA QUERIDA COMPAÑEIRA POLO SEU PREMIADO TRABALLO ACTORAL! A entrega de premios será hoxe mesmo en Sada, ás 19.00 hs. Estades todos e todas invitados/as.

O grupo de teatro "Carrachanacacha" participa na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada.

Imaxe
A obra "Comendo pimentos de padróm com tarantino" foi selecionada para participar na VI Mostra de Teatro Aficionado de Sada xunto a outros 5 grupos de diferentes lugares de A Coruña e Lugo.

PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O 2010

Na última asemblea asociativa aprobáronse as actividades a desenvolver no presente ano, entre elas atópanse as seguintes: * II Festival de Teatro Roberto Vidal Bolaño. * Mostra de Teatro "Domingos de Melpómene". * Montaxe, estrea e distribución da nova obra representativa da asociación "O método". * Colaboración na Mostra de teatro das parroquias de Narón. * Actividades Formativas: Obradoiro permanente, Cursos monográficos, etc. * Distribución das obras en cartel. * Adquisición de novos materiais de iluminación. * Reformas no local da asociación (entarimado, materiais de almacenaxe, etc). E moitas outras que podedes consultar na planificación de actividades que se atopa á vosa disposición no local da asociación ou solicitándollo á Equipa Directiva.

Non todos os ladróns veñen por mal

Imaxe
➧ Director: Jose Prieto. ➧ Elenco: Alberto Suárez, Leandro Lamas, María Veiga, Gena Hernández, Antonio Estévez, Lorena Montero e Celia González (Sena Hermida) ➧ Técnicos: Silvia Romaus, Ana Loredo e Iván González. ➧ Anos de duración: De 2009 ata 2011. "Comedia histérica de enredo amoroso preconstitucional, na que un ladrón entra a roubar nunha casa mentres os habitantes están fora. A situación complícase coas chamadas por teléfono da muller do ladrón e as chegadas sucesivas dos donos da casa e os seus respectivos amantes."