Publicacións

NO ME LLAMES CASTIN LLAMAME AUDICION

Y no es por hacer la competencia... pero aquí va información de otro evento.  YINdeYAN Teatro Audiciones para YINdeYAN Teatro Se buscan Actores/Actrices con formación o experiencia en el Teatro Físico y la Improvisación para espectáculo de YIN de YAN Teatro. Se trata de un espectáculo de creación colectiva en el que exploraremos los lenguajes de clown, burlesco, absurdo y el Teatro Visual con objetos. Las audiciones se llevarán a cabo a finales de año y la creación entre Febrero y Marzo de 2009 con vistas a explotarlo a partir del verano de 2009. Trabajo remunerado Enviar candidaturas (CV, fotos y breve texto de presentación) a yindeyan@gmail.com indicando vuestra disponibilidad para estos periodos y el lugar de residencia. Su página por si sólo le queréis hechar un vistazo es http://yindeyan.googlepages.com Solo una cosa más..  están en Laudio - Llodio (Álava)

CASTING

Imaxe
A empresa CTV, S.A. Plató 1000 convoca un cásting para seleccionar actores e actrices de todas as idades, con dominio do galego. As persoas interesadas poden chamar aos seguintes teléfonos: 649.428.486 649.428.488 As probas realízanse en Santiago de Compostela, no Plató 1000, que está ubicado en Montouto, Teo.

Xogando a crear...

Imaxe
A pasada fin de semana desfrutamos dun curso de formación centrado na improvisación teatral. O curso foi impartido por Carles Montoliu, da compañía Imprebís, de Valencia. Aquí tedes algunhas imaxes tomadas durante a prácticas das diferentes dinámicas: Unha actividade intensa e moi motivante, con dinámicas baseadas principalmente no traballo co/coa compañeiro/a. Un verdadeiro prazer estival!

Imaxes do curso de cabaret:

Imaxe
Aquí tedes algunhas imaxes do curso de cabaret impartido por Adolfo Simón

Cometa, cometa...

Imaxe

O noso mago favorito hoxe en Narón!

Imaxe
Non o perdades! Hose na Praza de Galicia, Narón, Dani García presenta xunto a Martin Andersen o seu novo espectáculo de maxia: Symbiosis. Será as 22.30 hs. Non faltedes!

Nova actividade formativa na asociación!

Imaxe
Curso de improvisación teatral con Carles Montoliu, membro da compañía imprebís (Valencia). www.imprebis.com Número de prazas: 15. Prioridade para socios e socias. Se desexas formalizar a tía inscrición no curso, deberás facer o pagamaneto do mesmo nas oficinas de caixa galicia, no seguinte número de conta: Cc/2091 0235 513040001677 Se queredes facer algunha outraconsulta dirixídevos aos números de teléfono que figuran no cartaz, ou ben contactade por medio de e-mail en: oaturuxodemelpomene@hotmail.com

Teatro-Formación

Imaxe
Se desexas formarte no ámbito actoral, agora tes a oportunidade de facelo: O próximo 01 de xullo ábrese o prazo de preinscripción para apontarse na Escola de Teatro de Narón. Esta escola ofrece formación en diferentes áreas: interpretación, teatro físico, creatividade dramática, montaxe, música e canto, voz, danza... Entre os profesionais que imparten as materias atoparedes a: Flor Maceiras, Pablo Sánchez, José Luis Prieto, Ramón Bermejo, Silvia Casal, Cristina Montero, Luis Ramos e Manuel Areoso. Esta escola é un lugar apaixoante! Non o dubidedes. O prazo estará aberto do 01 ao 15 de xullo. E a matrícula deberá formalizarse no Auditorio de Narón, Praza de Galiza.

Cometa, cometa

Imaxe
O pasado xoves 26 de xuño celebramos en Narón, a estrea de "Cometa, cometa" obra escrita e dirixida por José Luis Prieto Roca. O aturuxo de Melpómene, coa colaboración do Padroado de cultura de Narón, promoverá a distribución do espectáculo, principalmente en Galiza.

A noite na Pena Molexa

Imaxe
Unha pequena escolla de fotos nos momentos previos á actuación! coa mula... un encantamento... o rei e o mozo... un trío... un cuarteto... o rei e unha das súas leais guerreiras... os outros leais foron botar un cigarriño! galiña que tanto vales... os previos... os previos...