Publicacións

Teatro-Formación

Imaxe
Se desexas formarte no ámbito actoral, agora tes a oportunidade de facelo: O próximo 01 de xullo ábrese o prazo de preinscripción para apontarse na Escola de Teatro de Narón. Esta escola ofrece formación en diferentes áreas: interpretación, teatro físico, creatividade dramática, montaxe, música e canto, voz, danza... Entre os profesionais que imparten as materias atoparedes a: Flor Maceiras, Pablo Sánchez, José Luis Prieto, Ramón Bermejo, Silvia Casal, Cristina Montero, Luis Ramos e Manuel Areoso. Esta escola é un lugar apaixoante! Non o dubidedes. O prazo estará aberto do 01 ao 15 de xullo. E a matrícula deberá formalizarse no Auditorio de Narón, Praza de Galiza.

Cometa, cometa

Imaxe
O pasado xoves 26 de xuño celebramos en Narón, a estrea de "Cometa, cometa" obra escrita e dirixida por José Luis Prieto Roca. O aturuxo de Melpómene, coa colaboración do Padroado de cultura de Narón, promoverá a distribución do espectáculo, principalmente en Galiza.

A noite na Pena Molexa

Imaxe
Unha pequena escolla de fotos nos momentos previos á actuación! coa mula... un encantamento... o rei e o mozo... un trío... un cuarteto... o rei e unha das súas leais guerreiras... os outros leais foron botar un cigarriño! galiña que tanto vales... os previos... os previos...

A directora da noite!

Imaxe
Graciñas Flor!

Pena Molexa

Imaxe
Algunhas imaxes de onte á noite na feliz velada de ensaios na Pena Molexa! Moito cariño no ambiente... Tamén algo de terror nocturno... emocións... reflexións... vaia mirada! compartir... segredos... un pouquiño de chiculate... e moita xente colaborando!

Aberto o prazo de inscripción no curso de Cabaret

Imaxe
Desde o próximo Luns 24 de marzo podédesvos inscribir nos cursos de Cabaret organizados para o mes de marzo. Lembrade que hai límite de prazas!

Información para a inscrición no curso de cabaret

Imaxe

Noite de monólogos en Pontedeume!

Imaxe
Mércores á noite marchamos a Pontedeume! Noite de monólogs con compañeiros e compañeiras da nosa escola. A nosa María acude acompañada do "misterioso cabaleiro". Moita merda e que a vexamos todos e todas. Non o dubidedes e mudade os "caperuchos" por unhas boas risas en boa compañía!

Monográfico de Cabaret

Imaxe

Última función coa nosa Chuli

Imaxe
16.00 hs: Comeza a función!!! momentos previos á función picando texto fervorosamente! a nosa "diva" a emoción do momento... arroupadiña pola nosa dire... mariflor al ataque!!! máis petiscos! alegría na tertulia... un bo remate para unha noite chea de emocións Beijos Chuli!!!