Convocatoria: Ata o 22 de Outubro.

DATOS DA PERSOA ASOCIADA QUE PRESENTA O PROXECTO.

1. TITULO. Texto e autor/autora do mesmo.

2. RECURSOS HUMANOS.
2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que isto conleva (disposición para o período de montaxe recollido no proxecto, disponibilidade para as actuacións no tempo en que a obra se manteña en cartel, etc). Polo tanto, estas persoas deben estar informadas da sua inclusión no proxecto e conformes coa mesma.

2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para a dirección. Esta persoa, pode ou non, pertencer ao ámbito profesional. No caso de pertencer a dito ámbito, no proxecto debe estar incluído o seu caché. Dado que o proxecto non estará aprobado ate que sexa escollido pola asemblea, o contacto coa persoa debe ser informativo e non un acordo formal.

2.3. AXUDANTE DE DIRECCIÓN. O proxecto incluirá unha persoa asociada que ocupará o posto de axudante de dirección sendo a responsable das tarefas que isto implica (estar presente durante a montaxe e colaborar co director/a nas diversas actividades que se acorden). A persoa que asuma este posto terá a responsabilidade de "Director/a en xira" unha vez estreada a obra.

2.4. PRODUCIÓN. Incluirase a unha persoa responsable da produción do espectáculo, que deberá coordinar e xestionar as tarefas que engloba este posto (xestión de recursos económicos acorde ao proxecto presentado, adquisición de recursos materiais, planificación de tempos e pasos a dar na montaxe, etc).

2.5. AXUDANTE DE PRODUCIÓN. Un socio ou socia asumirá as labores de axudante de produción, que estará encargado/a de colaborar co productor/a axundándolle nas labores antes indicadas.

2.6. DISTRIBUCIÓN. No proxecto incluirase a unha persoa asociada para levar a distribución da obra. Este posto implica a planificación da distribución do espectáculo (cando se vai realizar cada paso, quen se fai reponsable, etc) e a xestión da mesma (contactos de distribución, espazos, envio de publicidade, detallar necesidades de publicidade, etc). O posto implica a incorporación á equipa de distribución da asociación, sendo a súa función principal a de colaborar nas necesidades existentes na equipa.

2.8. DESEÑO DE PUBLICIDADE. No proxecto indicarase o nome da persoa asociada que se responsabilizará do deseño do material de publicidade. Esta persoa debe coordinarse coa produción (para a planificación dos tempos) e coa distribución (tamén para a planificación dos tempos e para cubrir as necesidades que se indiquen), e de ser o caso, coa dirección do espectáculo se queren realizar algunha suxerencia. Entre as tarefas máis comúns estarán o deseño do cartaz, programas de man, etc.

2.9. DESEÑO DE LUCES. Neste posto debe figurar algunha persoa da asociación con experiencia neste ámbito.

2.10. TÉCNICO/A DE LUCES. Unha persoa asociada debe asumir a tarefa de Técnico/a de luces, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacións que xurdan coa función de manexar a equipa de iluminación e cubrir as necesidades lumínicas da obra nos diversos espazos de actuación.

2.11. TÉCNICO/A DE SON. Unha persoa asociada debe asumir a tarefa de T. de son, o que implica acompañar a toda a equipa nas diversas representacións que xurdan coa función de manexar a equipa de son e cubrir as necesidades sonoras da obra nos diversos espazos de actuación. Este posto só será preciso no caso de existir tales necesidades sonoras. Tamén pode darse a posibilidade de que o posto o cubra outra persoa que esté asumindo outra función (por ex. o T. de luces, produción ou o Ax. de Dirección).

3. RECURSOS MATERIAIS.
O proxecto debe incluir todos aqueles recursos materiais que serán precisos para a montaxe da obra, así como unha estimación económica dos gastos que conlevan.

3.1. ESCENOGRAFÍA. Proposta de escenografía para a montaxe e/ou unha estimación do custo da mesma.

3.2. ATREZZO. Necesidades que o texto marca de atrezzo. Cando menos, estas deberán estar recollidas, así como o seu custo estimado.

3.3. VESTIARIO. Unha estimación das necesidades de vestiario que serán precisas para o desenvolvemento da obra.

3.4. MAQUILLAXE. Unha estimación das necesidades de maquillaxe que serán precisas no desenvolvemento da obra.

3.5. OUTROS. Indicaranse aqueles recursos materiais que de antemán están marcados como imprescindibeis para abordar a montaxe da obra. ** Todos os apartados aquí recollidos serán considerados flexibeis, posto que “a posteriori” poderán estar suxeitos a cambios por necesidades de dirección. En todo caso a estimación de gastos debe ser o mais acorde cos custos finais da obra, e nunca poderá superar a aportación económica estipulada na partida para esta actividade: 2.500 €.

4. RECURSOS ECONÓMICOS. Neste apartado recollerase unha relación detallada de todos os custos que terá que afrontar a asociación para a posta en marcha desta montaxe, así como unha estimación dos custos que se derivarán da distribución da mesma (por exemplo: como se organizarán os traslados aos lugares de actuación, nº de coches necesarios para o traslado, se están cubertas as necesidades de traslado da escenografía, se ser a preciso o aluger dunha furgoneta, etc). O custo total do proxecto será o número que na montaxe da obra se deba ter en conta para a distribución económica da mesma (pago da dirección de ser necesario, adquisición da escenografía, etc), sendo 2.500 € a cifra límite que non deberá ser revasada na propia montaxe.

5. PLANIFICACIÓN. O proxecto debe incluir unha planificación temporal que recolla entre outros os seguintes aspectos:

5.1. PERIODO DE MONTAXE. Deberá estar detallado o período temporal da montaxe (por exemplo o mes de setembro), incluindo o nº de horas destinado ao mesmo (ex. 4 horas diarias, 6 horas luns-mercores-venres...), horario detallado, lugar de realización (preferentemente o local da asociación), etc. O proxecto debe incluir a data prevista para a estrea, tendo en conta que o período máximo estipulado no RRI é de un ano desde a aprobación do proxecto.

5.2. DISTRIBUCIÓN. Detallar a planificación da distribución (tempos para as tarefas: publicidade, contactos cos espazos, etc).

5.3. ESTREA.
Sinalar a data e lugar preferente de estrea. Posteriormente deberán iniciarse as xestións para pechar dita data e lugar. Para isto será preciso coordinarse coa equipa directiva e a equipa de distribución.

6. OUTROS DATOS. Recoller toda aquela información que se considere relevante. Por exemplo: Público ao que esta destinado, Xénero, etc. ANEXOS O proxecto debe incluir o texto en galego ou traducido ao galego. Posteriormente incluirase o deseño de luces, son, etc. Unha vez elexida tamén será imprescindible adxuntar o permiso do autor/a do texto.

Comentarios